«O dobre asasinato de Cervo e Foz son os dous casos máis graves nos seis anos na comarca»

La Voz

A MARIÑA

12 oct 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

-No verán aumenta moito a poboación ¿Como levan esa situación?

-Levámolo como podemos. É certo que hai zonas, como Ribadeo, Barreiros, Foz, que non só triplican senón que cuadriplican a poboación, co cal hai que aumentar a vixilancia neses puntos. Viveiro non nos afecta porque é demarcación da Policía Nacional e no resto... o incremento en Burela é aceptable.

-¿Chegan os medios?

-(Ri). A veces fai falla todo.

-Ademais hai unha rede de carreteiras extensa..

-Si, nacionais, tramo de vía rápida, provinciais...Ó que non se lle da importancia, pero hai que dárllela, porque hai determinadas persoas que se moven por alí e a Feve. Cando hai eventos en Ortigueira, ou en Viveiro estes medios son máis económico e aí viaxa de todo. Algún control hai que ter aí (...).

-¿Canto tempo leva aquí?

-Seis anos fará en abril.

-Supoño que o caso máis grave que tivo foi o dobre asasinato de Cervo.

-Si, ese e o de Foz, que tamén foron dous mortos (o señor que matara a muller e despois se suicidou). Son casos resoltos. Son cousas que teñen pouca solución a menos que se inculque desde pequenos, na escola, o respecto.

-¿Como se afronta un caso deste tipo, vostede como xefe?

- Automaticamente hai que saír para alí, procurar que non entre ninguén na zona, preservar os indicios, e chamar a policía xudicial, ó equipo de aquí de Burela e a Lugo para que fagan a inspección ocular e se fagan cargo das dilixencias. Non se pode levar isto de forma xenérica, senón con persoal que ten a preparación específica. Un caso destes é prioritario.

-Pola miña parte rematei. ¿Ocórreselle que quedara algún aspecto sen tocar?

-Si, cando falamos do tema fiscal, quedounos o do aeródromo de Vilaframil.

-¿Que competencias teñen aí?

-En materia fiscal. Iso é un aeródromo privado no que facemos controles esporádicos na vía de acceso. Fanse controles de maneira esporádica e a distintas horas, identifícanse ás persoas que van por alí (...). É un punto a ter en conta na vixianza, sobre todo no aspecto fiscal. Ten tráfico sobre todo de verán, pero a nós non nos comunican os vos, só á torre de control. E hai moitas outras cousas, o patrimonio histórico, temos Mondoñedo, Lourenzá, en Foz, San Martiño....A todo non damos chegado, pero bueno...