O BNG levará ao Parlamento galego a situación dos extraballadores de Arriva

Olalla Rodil: «Senten una situación de abandono por parte de todo o mundo»


barreiros / la voz

A deputada autonómica do BNG Olalla Rodil reuniuse onte cos extraballadores da empresa Arriva, que se atopan dende o pasado oito de agosto sen emprego e sen salario ao non ser subcontratados pola empresa que agora cubre a liña de transporte regular Viveiro-Ribadeo e anexos, a UTE Morán-Rodríguez. Así o dixo Olalla Rodil, quen esixiu á Xunta a súa reincorporación, e denunciou que estas dez persoas din sentirse «abandonadas e desprotexidas».

«O dous de agosto, Arriva comunicou unha subrogación que nunca chegou a facerse efectiva porque a nova concesionaria di non ter constancia de que os contratos poidan subrogarse», din dende o BNG. «Estes traballadores senten unha sensación de abandono por parte de todo o mundo, xa que hai case dous meses que viven esta situación e aínda ninguén puxo solucións enriba da mesa». Ante esta situación, a deputada do BNG comprometeuse a levar o seu problema ao Parlamento de Galicia e reclamar unha resposta á Xunta.

«A situación ten que solucionarse inmediatamente, porque son dez familias que están a pasar dificultades por culpa da deixadez de funcións da Xunta, que está sendo incapaz de solucionar un problema que xerou ela mesma ao poñer en marcha un nova plan de transporte improvisado e sen ningún tipo de estudo previo», dixo Olalla Rodil, quen engadiu que dende o BNG apoian a demanda dos traballadores de que sexa a Xunta quen se faga cargo dos mesmos se non soluciona á situación que padecen».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

O BNG levará ao Parlamento galego a situación dos extraballadores de Arriva