«O escudo do Bispo Sarmiento foi unha das cousas máis fotografadas»

La Voz

A MARIÑA

18 sep 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

-¿Que chama a atención á xente?

-Tal e como facía eu a visitas guiadas, que non eran fixas, das que se solta unha sucesión de datos, senón visitas con anécdotas, gustáballes moito coñecer, por exemplo, que as campás da catedral de Mondoñedo voltéanse á man; son das poucas do estado que se voltean así e cando lles digo que campaneiro ten que mover 2,5 toneladas de campá, á xente impresiónalle moito. Tamén gustan moito as vistas que hai do val dende a Igrexa de Santiago e tamén o escudo do Bispo Sarmiento, foi unha das cousas máis fotografadas que houbo en toda a ruta. E un escudo que está dentro do vestíbulo do Concello e proporciona a oportunidade de medirse (...).

-¿Que é o que máis lle impresiona a vostede?

-Difícil de dicir, impresióname case todo. Mondoñedo ten moitísimo potencial, moitas cousas que ver e que explicar e os mindonienses, naturais ou de adopción, no podemos ficar parados. A gran produción literaria e musical, a importancia histórica, pero sobre todo, sobre todo, a concepción de fósil vivinte. Mondoñedo, ‘por sorte’, non foi designada capital de provincia en 1833 e lle pasaron a provincialidade a Lugo e por ese proceso conservou o casco histórico case intacto e con moi poucas variacións dende finais do S. XIX. Grazas a iso mantivo o casco moi ben coidado, con poucas variacións, salvo a reforma da Praza da Catedral. Conseguiu manter ese punto de cidade decimonónica, que perderon Lugo e Santiago.