Obras de mellora na Rúa Grande en Celeiro obrigarán a cambios no tráfico

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

16 sep 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A partir do luns, 18, comezarán as obras de reposición de pavimentos e mellora de instalacións da Rúa Grande, en Celeiro, no tramo comprendido entre os números 70 e 96 de dito vial. As obras que se van a realizar consisten en:

aumento da sección dos tubos que forman a rede de evacuación de augas residuais. Dotar a este tramo do vial dunha rede separativa de pluviais. Aumentar a sección da rede de suministro de auga potable, canalización da instalación de telefonía e cableado. Durante o tempo de duración da obra cortarase o tráfico entre a rúa Arribada e o número 100 da Rúa Grande; aos veciños con garaxes na zona lémbraselles que retiren os vehículos antes do inicio das obras para poder facer uso deles. A Rúa Arribada será de doble sentido, regulada por semáforos, ata o remate das obras.