«Hai verdadeiras xoias da arquitectura de ribeira baixo o Gadis»

La Voz

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

14 sep 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

-Ata fai pouco existía un cemiterio de barcos ¿Non?

-Si, existía un cemiterio entre o peirao e un espigón que había onde está o casino actual. Cando unha embarcación deixaba de ser útil abandonábase alí. Hai verdadeiras xoias da arquitectura de ribeira baixo o Gadis, entre elas a última doma de Viveiro e outras embarcacións coma as que comentou Suso Fernández: a antiga embarcación da comandancia naval, que participou no rescate da tripulación do U-966 e recuperou os cadáveres do avión inglés que participou nese combate, que foi derribado pola Luftwaffe alemana. Hai barcos históricos que por non preocuparse naquel intre da historia cercan, deixáronse perder. Agora queremos documentalos.

-Van intentar crear esa mesa pola defensa do patrimonio da ría de Viveiro. ¿Hai prazos?

-Estamos no proceso de formación e cando estea formada empezaremos a debuxar proxectos para a ría. A día de hoxe estaría o Seminario de Estudos Terra de Viveiro; o grupo de investigación histórica e arqueolóxica Lembranza; o Fedas; o Club de Buceo Costa de Lugo; o Club de Buceo de Viveiro; o carpinteiro de Ribeira, Francisco Fra, Pensamento e Sementeira e Concello.