Teatro na rúa este venres en Viveiro: «Maruja Mallo, a gran esquecida»

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

La representación será en la Praza da Fontenova

13 sep 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

«Maruja Mallo, a gran esquecida», ese é o título da representación teatral que terá lugar este venres en Viveiro, na Praza da Fontenova ás 20 horas a cargo do grupo O Catre Teatro.

O guión e a dirección son de X.M. Ribeira; a actriz e o actor, Rosa e Marco, do grupo O Catre Teatro. Colabora nesta representación o Concello de Viveiro.

O Catre Teatro pretende render homenaxe deste xeito, con teatro na rúa, a Maruja Mallo, a gran pintora surrealista da Xeneración do 27, nada en Viveiro. Precisamente a Real Academia de Belas Artes de Galicia declarou este 2017 Ano de Maruja Mallo.

Ana María Manuela Isabel Josefa Gómez González, conocida como Maruja Mallo, naceu en Viveiro o 5 de xaneiro de 1902, onde viviu ata os dous anos e medio. Foron 14 irmáns. Faleceu en Madrid aos 93 anos o 6 de febreiro de 1995 despois dunha vida azarosa, plena, transgresora, adicada á arte.