A Festa da Xuventude abre hoxe en Mondoñedo Os Remedios

O bispo presidirá o domingo a celebración da Patroa


mondoñedo / la voz

A Festa da Xuventude abre hoxe os actos de celebración dos Remedios en Mondoñedo. O programa da Festa da Xuventude, organizada polo Concellería de Xuventude, reúne sobre o escenario ao artista revelación Borja Rubio e ao grupo de alumnos da Escola de Música de Mondoñedo composto por Alex Barreira, Sara Pena, Belén Ramos e Pablo Maseda. O cartel complétase cos djs mindonienses Vitor Pumariño e Leivas e máis co pontevedrés AR3S. Será a partir das 23 horas na praza do concello.

Antes, hoxe ás 21 horas haberá un concerto da banda de música Sons e Soños na Praza da Catedral, que actuará conxuntamente coa Banda Municipal de Música Pascual Veiga. En caso de mal tempo, o concerto trasladarase ao auditorio municipal.

Durante hoxe xoves e mañá venres terá lugar tamén unha xornada de convivencia das Escolas Municipais de Música de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e Mondoñedo.

Mañán sábado a sesión vermú correrá a cargo da orquestra Lecer, que poñerá a música durante a noite na Alameda dos Remedios xunto a Montreal. Pola tarde haberá xogos populares e a partir das 20 horas terán lugar os Cantos de Taberna. E o domingo será o día grande da Patroa; o bispo presidirá a misa (cantada polo coro mindoniense) e a procesión, acompañada pola banda municipal de música. O domingo pola tarde haberá fútbol: Mindoniense-Candelaria.

As festas continuarán o luns, o grupo Alma Latina amenizará a verbena.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

A Festa da Xuventude abre hoxe en Mondoñedo Os Remedios