Aparcamento soterrado en Foz? Cuestión de prioridades

Adolfo Paz OPINIÓN

A MARIÑA

Opinión

12 sep 2017 . Actualizado a las 22:00 h.

nte algunha proposta que apareceu estes días de construír un aparcadoiro soterrado en Foz, preto da praia da Rapadoira, a xunta directiva da Asociación de Veciños O Castro, de Foz, fai as siguientes manifestacions:

-Conocido é de todos as moitas necesidades que ten o Concello de Foz, en aparcadoiros tamén.

-O asunto é marcar un orden de prioridades, e nós entendemos que o aparcadoiro proposto para a Rapadoira non estaría nos primeiros postos desa lista.

-Nada mais hai que ver o estado de limpeza e rozas que presenta o Concello en xeral, que pouco ou nada di a favor dun Concello que se precie ser turístico, como é o caso de Foz.

-Na vila ou parroquia de Foz ámbito da nosa incunvencia, manifestar o lamentable aspecto neste vrau, no relativo á limpeza (recollida de basuras e limpeza de contedores,reposición de rotos…), rozas en parques,xardíns e paseos. E mantemento e arranxo de rúas e beirarrúas (rebacheos, rúa Vicedo, Ollo de Mar, plaquetas rotas en aceras, etc). Apertura e/ou ensanche das Rúas do Pilar e Cementerio, Ferreiro da Cruz, etc...que mellorarían o tráfico e incrementarían os aparcadoiros.

-Na atención á cuestión social e de emprego, deixa moito que desexar. E proba delo é a deficiente e/ou escasa atención á xente maior desasistida, e na cuestión de emprego nin siquera temos este ano un humilde obradoiro como si teñen os Concellos limítrofes de Barreiros e Burela.

Recordar que nos últimos anos foron de 4 a 8 alumnos, sendo Foz pioneiro en Escolas Taller e Obradoiros con mais de 60 persoas traballando neles, anos atrás.

-Non querendo convertir esta carta en interminable queremos manifestar que unha vez cumpridas estas e outras necesidades prioritarias, poderiamos pensar en acometer obras como a dun aparcadoiro soterrado e mesmo algunha que outra ponte. Nese caso é lóxico pensar que o primeiro antes de construír terá que ser decidir a ubicación, onde hai problemas de aparcamento todos os días do ano, etc.

-Nosoutros consideramos que ese aparcadoiro debería facerse na praza xenerada en Álvaro Cunqueiro, nas inmediacions da Delegación de Facenda, sin perxuicio de outras que puideran ser de interés.

-Dende logo o solar sairía máis barato que outros que manexa a Corporación Municipal ou a lo menos algunhos que forman parte da mesma.

En resume, non podemos apoiar tal iniciativa por extemporánea.

* Adolfo Paz preside a Asociación de Veciños O Castro.