«Teño 82 anos pero estou empezando, quédame moito por diante que cantar»

En dous anos publicou catro discos, e ten programado chegar polo menos a nove


ribadeo / la voz

«Nestes tempos hai que ter humor, fe para saír adiante. Se eu tiña esta ilusión, e agora teño tempo libre: por que non ía facelo?». Así se pronunciaba José Pulpeiro Doval en setembro de 2015, cando cumpridos os 80 anos presentou o seu primeiro cedé: 11 canciones diversas. Pulpeiro, un dos construtores históricos da Mariña, foi presidente do Ribadeo FC durante case tres décadas e segue ao fronte do club ciclista Pedaleo de Ribadeo, que el contribuíu a fundar. E tamén canta; a súa gran afección. Dende aquel mes de setembro de 2015 a hoxe pasaron dos anos nos que Pulpeiro está cumprindo con creces coa súa gran ilusión, porque hoxe vai presentar (ás 20.30 horas no quiosco do parque de San Francisco) o que é xa o seu cuarto cedé, 13 canciones diversas, gravado como os anteriores coa colaboración do músico ribadense José Ramón Alonso, Josito.

Cada disco leva na carátula a imaxe dun edificio que construíu. É o orgullo do seu traballo, «antes de os gobernos, os bancos, o Sareb... acabaran cos promotores».

«Empecei a ensaiar unha canción con Josito, saíu o primeiro disco, e despois o resto. Os gravo porque gústame cantar e penso que canto ben», explica. Os discos están á venta, e para cubrir gastos Pulpeiro pensa recorrer tamén ás novas tecnoloxías, a Internet. A idade non é un problema para Pulpeiro, que sempre bromea dicindo que ten corenta máis corenta máis dous: «Agora canto mellor que cando tiña 40 anos. Amoldo a voz como quero», di coma un reto. E engade: «Vexo a persoas de 80 anos e penso, é imposible que eu sexa coma eles. Non estarán equivocados comigo coa data de nacemento?».

Ilusión, di, tena toda. E forza? «Se non fora pola cadeira...», di, lembrando unha complexa operación. «Pola parte materna, tiven unha tía que morreu aos 101 anos; pola paterna outra, que morreu aos 102, así que supoño que, como todo progresa, tocarame vivir 10 ou 15 anos máis ca elas. Por iso, eu estou empezando...», comenta con un sorriso.

Hoxe presenta o seu cuarto cedé, pero xa ten avanzados o quinto e o sexto. E fala do oitavo e o noveno, con pezas de Machín e Jorge Negrete. Pero hoxe, antes, tócalle cantar no kiosco do parque de Ribadeo: «Si, é ben bonito. Comezarei con Enamorado del mar, unha canción dedicada a Ribadeo».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

«Teño 82 anos pero estou empezando, quédame moito por diante que cantar»