Todo listo en Burela para repartir hoy 5.000 raciones de bonito del norte fresco

De noche tocarán Miss Lane & The Kriptonians, Cora Sayers, El Último Tributo y Everest

i. d.
burela / la voz

Hoy Burela acoge el acto principal de su Feira do Bonito con la degustación que tendrá lugar en el puerto. Ya desde las doce del mediodía habrá actividades para los niños y una hora después empezará la actuación de Joni Ramos. El artista natural de Viveiro amenizará el aperitivo, para ir calentando motores de cara al reparto de raciones.

A las 13.30 horas serán recibidas las autoridades e invitados en el barco-museo Reina del Carmen y se nombrará al Asador Mayor, José Ferreira Basanta, y a la Colaboradora de Honra, María José Novoa Villarejo. Poco después, a las dos de la tarde, Sergio Pazos pregonará la fiesta, y al término de este acto se procederá al reparto de raciones.

Se prevé que se sirvan unas cinco mil, repartidas en cuatro especialidades. A un precio de ocho euros podrá degustarse el bonito asado, en empanada y cocido (por el mismo precio habrá raciones celíacas); y por dos euros podrá disfrutarse de una tapa de salpicón, que incorporará también este producto.

A las seis de la tarde comenzarán de nuevo los juegos infantiles y ya por la noche se podrá bailar con diversas actuaciones. A las 21 horas se presentará el festival Osa do Mar 2017, con los grupos Miss Lane & The Kriptonians y Cora Sayers. A medianoche tocará el grupo El Último Tributo -tributo a El Último de la Fila- y el broche final lo pondrá Everest.

«O bonito deu a coñecer o pobo de Burela no exterior»

 

SARA GIL / d. r.

Trinta e tres anos leva celebrándose a Feira do Bonito en Burela e poñendo en valor un produto que representa o amor polo mar que sinte este pobo. A Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia é o principal organizador, e na súa presidencia está Rocío Rivera.

-Que significa o bonito na vila?

-No seu momento o bonito axudou a dar a coñecer o pobo de Burela no exterior, por ser un porto de referencia e un gran motor económico. É merecedor, cando menos, dunha cita coma esta.

-Cantas persoas colaboran nesta Feira do Bonito?

-Hai moita xente implicada en todos os preparativos. O propio día da feira, somos máis de cen persoas as que participamos. Os asadores, que teñen unha labor esencial, son uns dez ou doce.

-Cal é a finalidade de nomear cada ano un Asador Maior e unha Colaboradora de Honra?

-Queremos recoñecer o traballo de todos e todas, e a intención non é deixar a ninguén por riba doutras persoas. É un modo de agradecer, en xeral, a colaboración de todos e todas.

-Cantos asistentes prevén para esta XXXIII edición da Feira do Bonito?

-Esperamos achegarnos ou mesmo superar as cifras doutros anos, entre as seis mil e oito mil persoas. Visítannos moitos bureleses, outra xente da zona e tamén moitos turistas.

«Traballamos para que declaren a feira de Interese Turístico Nacional»

 

J. Michelena / d. r.

Alfredo Llano, alcalde de Burela polo Partido Socialista Obreiro Español (PSOE), leva no mandato dende xuño de 2015. Este político sempre mostrou gran preocupación por impulsar e darlle o nome que se merece á tradicional Feira do Bonito de Burela, que este ano xa vai pola trixésimo terceira edición.

-Na feira tamén se integra Produart e o certame de pintura AMARTE, ¿con que obxectivo?

-Produart é un mercado de produtos ecolóxicos, naturais e artesanais de todo tipo e cremos que é un bo complemento e serve para dimensionar a propia Feira. O mesmo ocorre co concurso de pintura mural AMARTE, tamén é unha maneira de que a xente teña máis interese en acudir ao recinto feiral e poida entreterse de diferentes formas. A todo isto, hai que sumarlle que se queremos converter a nosa feira en Festa de Interese Turístico Nacional é moi importante innovar e introducir novas actividades para o goce dos que se achegan ata aquí.

-¿Como cre que afecta Produart e AMARTE na Feira do Bonito?

-Sen dúbida de maneira moi positiva. Con todo este tipo de iniciativas recibimos unha maior afluencia de xente ao recinto feiral, e nós é o que queremos.

-¿De que outras actividades se pode gozar no recinto feiral?

-Temos actuacións musicais tódolos días e actividades para os máis pequenos da casa. Seguro que ninguén se aburrirá.

 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Todo listo en Burela para repartir hoy 5.000 raciones de bonito del norte fresco