«Este ano fáltannos algunhas persoas que eran pilares dentro de Bágoas da Terra»

A cita, dende este xoves ata a gala do domingo, empeza sen Mª José Penso, Docampo e Manolo Paz aos que lembra


Do 3 ao 6 • A Mostra Folklórica Internacional de Viveiro alcanza a súa 39ª edición, de novo da man de Bágos da Terra, e sempre baixo a dirección de Maricarmen López, Chipe, presidenta da agrupación folclórica viveirense.

-Como se presenta a edición?

-Con moitas dificultades. Nalgúns aspectos digo, as cousas parece que en vez de mellorar empeoran. Temos un ano un pouco atípico porque nos faltan persoas que eran pilares de Bágoas da Terra, traballadores natos na organización, e iso acumula traballo para os que quedan, aparte do disgusto de non telos con nós. Tamén quixeramos ter aquí en Viveiro a todos os grupos aloxados pero falta espazo para aloxalos e algúns teñen que facelo, por exemplo, en Pontedeume. Esas son dificultades engadidas. Polo demais, estamos tratando de chegar como todos os anos a amosar dende e a Viveiro o mellor folclore do mundo. O festival está en pé grazas aos patrocinios, por un lado o Concello de Viveiro, con aportación económica e loxística, a Deputación Provincial de Lugo, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Cultura a través do Inaem, pois este é o único festival de CIOFF apoiado polo ministerio en Galicia.

-Que grupos animarán a gala?

-Ballet de la Universidad de Colima (México), Song and Dance Ensemble de Bielsko (Polonia), Coros y Danzas de Granada, Grupo Etnográfico da Areosa (Portugal), Coros y Danzas Jovellanos de Gijón, Ballet Carmen López de Colombia e Bágoas da Terra. Por un lado, quero suliñar tamén que este ano retómase o Desfile das Nacións (sábado) que non se viña facendo nestes últimos anos. Por outro, ese sábado haberá un espectáculo grandioso, ás 22.00, un pase completo do grupo de México no que nos van ofrecer as danzas máis variadas(...) Creo que a xente vai quedar prendada. Tamén quixera falar do Concerto Folk (venres). O Grupo Folk Bágoas naceu da inquedanza de xoves gaiteiros da agrupación que buscaban novos horizontes de músicas, como buscan hoxe outros grupos de Galicia. Apoiamos ese proxecto e de aí naceu esa xornada.

-A que persoas vencelladas a Bágoas e á Mostra lembrarán este ano de forma especial?

-Vamos facer unha mención especial, sobre todo a María José Penso e José Luis Docampo. Xente de Bágoas vén faltando das nosas vidas pero eles dous todavía estaban activos na organización. María José levaba as escolas infantís; de feito a Mostra Infantil (xoves) desencadeouse para que eses grupos que saían da súa escola tiveran un aliciente. Ela vaise botar moito en falta. Docampo facía as queimadas nos aquelarres, preparaba nas recepcións a parte de publicidade, os carteis... Tamén nos deixou Manolo Paz e, ainda que non foi compoñente de Bágoas, si lle damos mención no noso corazón porque foi un colaborador nato nestes anos.

-A Mostra fará os 40 en 2018.

-Ininterrumpidos. E 60 fará Bágoas da Terra. Eu empecei con 15 anos levando as riendas do grupo e a día de hoxe sigo, non sei se coa mesma forza pero sempre digo que tanto Bágoas como a Mostra son o «fillo» que non parín pero dalgunha maneira o sinto moi meu. Cando me vexo cos ánimos caídos, eu sigo porque cun fillo sempre hai que seguir para diante.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos
Comentarios

«Este ano fáltannos algunhas persoas que eran pilares dentro de Bágoas da Terra»