Homenaxe á poeta ribadense Luz Pozo polos seus 95 anos

A Real Academia Galega rendirá mañán unha homenaxe a Luz Pozo Garza polos seus 95 anos


ribadeo / viveiro / la voz

A Real Academia Galega rendirá mañán unha homenaxe a Luz Pozo Garza polos seus 95 anos. Luz Pozo, nada en Ribadeo, ten tamén vínculos estreitos con Viveiro.

Mañán, venres, ás 19 horas na sede da Real Academia Galega -na rúa Tabernas, na Coruña- recibirá unha cálida e emotiva homenaxe -literaria e musical- (ela é académica).

Participarán neste recital Pilar Pallarés, Yolanda Castaño, Olga Novo, Olga Patiño, Eva Veiga, Marilar Aleixandre, entre outros, que recitarán os seus versos. Non faltará a música.

Luz Pozo é unha das figuras máis relevantes na poesía galega última. Mantén os seus vínculos coa Mariña, tanto con Ribadeo coma con Viveiro, onde estivo en moitas ocasións; ultimamente menos, debido á súa idade.

É unha das figuras máis sobranceiras da poesía galega, sen dúbida.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Homenaxe á poeta ribadense Luz Pozo polos seus 95 anos