Román Rodríguez visita Mondoñedo nun acto cheo de simbolismo cultural

La Voz / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

O Conselleiro de Eduación, Cultura e Deporte sumouse aos actos para conmemorar o segundo aniversario da Declaración como Patrimonio Mundial do Camiño Norte e da catedral mindoniense

05 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Mondoñedo recibiu a visita do conselleiro de Educación, Cultura e Deporte, Román Rodríguez, para conmemorar o segundo aniversario da Declaración como Patrimonio Mundial do Camiño Norte e da catedral mindoniense.

Nun percorrido simbólico dende a casa de Cunqueiro ata a catedral mindoniense, conselleiro e alcaldesa -Elena Candia- quixeron reflectir a importancia destes tramos do Camiño, e do valor que lles outorga o nomeamento das Nacións Unidas.

Destacouse, así mesmo, o valor universal e excepcional deste ben cultural, para que sexa protexido polo conxunto da sociedade. No acto ao que acudiron diversos alcaldes de Concellos próximos e outros representantes, léronse os discursos que reflectían a importancia que ten para a vila e o conxunto patrimonial do Camiño esta declaración de Patrimonio Mundial.

Así mesmo, descubriuse unha placa na catedral onde se pode ler en catro idiomas o título honorífico co que conta este tramo do Camiño de Santiago, así como a lembranza de seren as vías históricas do cristianismo, non só en Galicia, senón tamén en Europa.

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, comprometeu onte na súa visita a Mondoñedo un millón de euros para diversas melloras na catedral mindoniense en dúas anualidades.