«Estaría con Julio Iglesias unha hora máis, sen cámaras»

A nai de Roberto Vilar, Lola, conquistou ós espectadores e ao cantante coa súa naturalidade e coa tortilla de ovos camperos


viveiro / la voz

Dolores Fernández Sánchez, Lola, como ela mesma se presenta, foi a outra gran estrela do último programa Land Rober, da TVG. E foino, non por ser a nai de Roberto Vilar, o presentador, senón pola espontaneidade e por esa maneira de ser que conquistou ó público e mesmo ó invitado ao programa, Julio Iglesias. O seu fillo contábanos onte que «ela é a auténtica estrela».

-Bos días Lola ¿Onde vive vostede?

-Se chama desde Viveiro estamos cerquiña; eu estou en Portocelo, en Xove. (...)

-Vaia exitazo o do seu fillo, traer a Julio Iglesias

-O mérito foi de Julio Iglesias, que lle viñera el; eu estou encantada de habelo coñecido. Vou a moi poucos programas, ó meu marido non lle gusta ir alí, non lle gustan as cámaras, prefire velo na súa casa. En todos estes anos foi a un, xa hai moito tempo. Pero eu, que remedio me quedou. Coñecelo en persoa non é igual que velo cantar; Julio é moi humano e moi cercano, encantoume. Cando estaba alí con el non me daba conta do nerviosa que estaba, noteino despois, cando me vin na tele. Aínda lle fixo efecto ó meu fillo, aínda el estaba nervioso. Non foi fácil conseguilo (...).

-O de levar a tortilla foi outro momentazo.

- O equipo do programa pediume se podía levar un doce, un biscoito ou algo caseiro, algo simple, para o programa. E pensei, levo tortilla. Hainas en moitos sitios coma a miña, a miña é unha máis, pero fíxena con cariño. Pedinlle os ovos a Fina, unha veciña de Portocelo. Merquei un táper e como o prato que eu tiña non se me axeitaba ó tamaño, deixoumo tamén a veciña, e ela encantada.

-Era unha boa tortilla

-Xa non me acordo si levaba doce ou trece ovos, era gordísima, quizais de máis; púxenlle cebola, pataca e dous chourizos. Xa me dixeron as veciñas, non cha come, que ese señor non come chourizo. Pero cando a veu e a destapou uns segundos xa dixo, ‘esa me la llevo yo’. Roberto díxolle que era para todos, pero contestoulle ‘que haga otra, que en Galicia papas hay’ e xa a recolleu a rapaza que o acompañaba. A tortilla, polo que nos dixo, era para comer el coa súa familia. Ás patacas chamáballes ‘papas’.

-Pois para levala...¿Era fresca?

-Fíxena o mesmo día pola mañá, antes de saír para a entrevista. Máis fresca imposible.

-De ovos campeiros, supoño

-Os ovos eran frescos e campeiros, coas galiñas criadas na casa. (...).

-¿Qué máis lle contou?

-Que estaba fastidiado dunha hernia. Eu dicíalle, eses son os anos Julio, cando éramos xoves non nos doía nada. Eu vino moi ben. A entrevista que me fixo a min duroume pouco, estaría con el unha hora máis, pero sen cámaras.

-¿Que lle preguntaría?

-Cousas da vida, da familia del. Eu non sabía que estivera con 15 anos en Viveiro, na festa do Naseiro, de merendada. El non falou diso, pero saíu nunha foto no programa.

-¿Vostede a que se adica Lola?

-Eu son xubilada, teño 71 anos. Hai xente que di menos, pero eu estou orgullosa de telos e con saúde ¿Que mais lle vou pedir á vida? O único que teño é unha gripe tódolos invernos, e con un pouco de mel vamos indo. E sen réxime, como de todo, son comedora, aínda que non se me nota, que é importante.

-O artista sería un referente na súa xuventude

-Eu lle dicía que aínda non naceran os meus fillos e xa coñecía a Julio Iglesias. Recórdoo na discoteca de Covas, que veu cantar alí; non sei se fora eu ese día. Alí viña cantar moita xente famosa, veu Escobar...

-¿Sabe que o seu fillo me comentou que era vostede rockera?

-¿Rockera? Bueno, bueno, xa o fun, pero agora non ten unha idade para o rock, que rockeen os xoves.

-¿Cantos fillos ten?

-Teño tres, dous fillos e unha filla.

-O máis famoso é Roberto

-De momento, si, e espero que o siga sendo por moito tempo. Os outros son diferentes, son máis tímidos.

-Síntese orgullosa

-¿Que nai non o estaría? Pero o importante é que teñan saúde, e logo o éxito canto máis veña, mellor.

-¿Comentáronlle algo os veciños de todo isto?

-Algún si, outros non. Tampouco eu lle dou moita importancia.

Julio Iglesias en «Land Rober»: «Cuando voy por el mundo soy un emigrante gallego más»

M. Pérez

El programa bate su récord histórico de audiencia, con un 33,8 % de cuota de pantalla. La entrevista de Roberto Vilar contó con la actuación estelar de Lola, su madre, que dijo emocionada: «Ya puedo morir tranquila»

Roberto Vilar vivió la pasada noche su entrevista más esperada: la de Julio Iglesias. El cantante gallego más internacional rechazó acudir a programas a nivel nacional pero sí aceptó, después de siete años, acudir a Land Rober. «He venido para quedarme tranquilo con mi país, con mi tierra, con la gente que tiene esas nostalgias que me apasionan y que tengo yo también. Gentes que miran al mar, gentes emigrantes. Cuando voy por el mundo soy un emigrante gallego más. Estoy aquí feliz», confesaba ante el presentador. 

Land Rober emitió en el último programa de la temporada extractos de la entrevista que grabó con la ría de Vigo al fondo hace unos días, cuando Julio Iglesias llamó de forma precipitada a Roberto Vilar para concederle la entrevista por la llevaba tanto tiempo aguardando. La espera, sin embargo, valió la pena. El programa batió su récord histórico de audiencia con un 33,8 % de cuota de pantalla y 331.000 espectadores.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
23 votos
Comentarios

«Estaría con Julio Iglesias unha hora máis, sen cámaras»