Clases de inglés para adultos en Mondoñedo, no IES San Rosendo

La Voz MONDOÑEDO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

O centro mindoniense imparte hora e media de formación presencial, á semana, con apoio online para este alumnado

25 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo traballou na potenciación das linguas dende sempre. A preocupación polo inglés nos niveis de ESO e Bacharelato pódese ver no seu propio nome (dado polas asignaturas que se imparten en inglés) e tamén noutros factores.

Unha das ofertas educativas do centro máis descoñecidas é o chamado That’s English, dirixido a adultos. Trátase dun programa coordinado coa Escola Oficial de Idiomas que se axusta ao Marco Común Europeo de Referencia para as linguas (MCERL) e que se imparte de modo semipresencial. O alumnado pode compatibilizar o estudo do inglés co seu traballo ou con outro tipo de formación académica. No centro reciben unha clase/tutorial por semana, de hora e media de duración, que conta con apoio online, así como con un material de traballo que lle permite flexibilizar o aprendizaxe do idioma. Neste programa imparten tódolos niveis para acceder ao certificado oficial A2, B1 e B2, imprescindibles na actualidade para acceder a calquera tipo de traballo ou oposición oficial do estado e para titular nos graos universitarios.

Según explican desde o Instituto mindoniense, a matrícula para cursar o Thast’s English faise en setembro. O alumnado accede ó nivel que se lle axuste mellor aos coñecementos previos que ten de inglés. Non importa si estes son escasos, xa que poden partir de unha formación básica. Ademais dos beneficios que reporte no campo laboral ou educativo coñecer esta lingua , o programa brinda unha excelente oportunidade para poñerse ó día se teñen o seu inglés esquecido.

O centro mindoniense conta, ademais, desde fai varios cursos, con unha auxiliar de conversación e está implicado en programas europeos eTwinning, na inmersión lingüística do outono, fan viaxes culturais a Londres e realizan intercambios con centros educativos de outros países. Todo elo axuda a reforzar a formación que se brinda nas aulas a todo o alumnado, complementando a súa aprendizaxe do idioma.

Bibliomerlín, unha biblioteca viva e moi arraigada no centro mindoniense

Bibliomerlín é a biblioteca do IES mindoniense. Unha biblioteca viva e dinámica. Durante este curso o grupo que a atende, coordinado co Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do centro (ENDL) e Plástica, quixo centrar o seu traballo na linguaxe publicitaria e nos estereotipos que esta estende na nosa sociedade. Por iso propuxo ao alumnado a elaboración de anuncios, a promoción de libros e o estudo da publicidade e os recursos. De feito, o alumnado de 1º de BAC traballou coa publicidade no deporte, nas campañas publicitarias, na saúde...e estudou a visión que se dá do home e da muller nela.

En consonancia co proxecto, desenvolvéronse outras actividades, coma un obradoiro sobre a Publicidade e os seus recursos, a cargo da Escola Galega de Consumo, seguindo o programa Cores, e vinculáronse as actividades e efemérides ao tema. No magosto houbo promoción das nosas parroquias por medio dunha exposición na que tiveron cabida as súas xentes, a súa cultura e as súas señas de identidade. Por outra parte, o ENDL organizou Rutas literarias por Mondoñedo en colaboración co alumno de 2º de BAC José Manuel Merino, que traballa na Oficina de Turismo, coa intención de dar a coñecer o patrimonio cultural da nosa cidade.

«As mil e unha historias»

No Entroido o xurado e as presentadoras convertéronse en persoas-anuncio e o alumnado fixo unha versión de distintos anuncios, nos que ofreceu unha visión crítica da publicidade. No Día de Rosalía, de Cunqueiro e no Día do Libro houbo unha promoción dos nosos autores e da súa obra, dándoos a coñecer. No 25 de novembro, Día da Muller Traballadora, démoslle publicidade á obra de Maruja Mallo cunha exposición, e á poesía da nosa alumna Iria Rivas, que dedicou varios dos seus poemas á denuncia do trato que recibe a muller na nosa sociedade.

Foron varios os compañeiros que traballaron a publicidade; ademais da colaboración do ENDL e PLástica, Relixión promocionou o comercio xusto con unha chocolatada solidaria e loitou contra o consumismo no Nadal facendo un Belén con elementos reciclados. En TIC fixeron logos para a nosa biblioteca e os clubs de lectura elaboraron anuncios. Ademais, a biblioteca coordina lecturas, en colaboración co profesorado do centro, para mellorar as capacidades dos alumnos. O seu club de lectura «As mil e unha historias» conta con máis de 90 membros, divididos en quince clubs, 14 de alumnos e un de profesorado. Del se encarga Cristina Arango, Macamen Cerviño, Mar Corbelle, Luz Galocha, Ana Belén López e Ana Rodríguez. O blog http://asmileunhahistorias.blogspot.com recóllese a súa labor. Ademais contaron coa visita de Antonio Reigosa, e coas charlas de Francisco Ríos e Fernanda Cedrón.