A cidade episcopal lembra o nexo entre Cunqueiro e Carlos Casares

La Voz

A MARIÑA

17 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Lectura do manifesto ás 11.30 horas • Biblioteca Pública Municipal (abrirá durante toda a mañá) • Nesta xornada tan especial e tratándose por enriba de Mondoñedo, é inevitable que a figura de Cunqueiro comparta tamén espazo co homenaxeado deste 2017, que é como xa se sabe Carlos Casares. De feito, afondarase na relación entre ambos escritores no acto que terá lugar hoxe na cidade episcopal, coa alcaldesa mindoniense Elena Candia como lectora do manifesto. Ao tempo, será o sorteo de varios lotes de libros do homenaxeado deste ano.