Darío Campos: «Empregamos 500.000 euros en Trabada»

d. g. / s.c . TRABADA / LA VOZ

A MARIÑA

O presidente da Deputación visitou o concello con Mayra García

16 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, visitou onte Trabada e informou sobre o investimento que o Goberno provincial achegou aos máis de 1.000 veciños deste municipio a través do Orzamento de 2016. Foron 500.000 euros os que se destinaron a mellorar as prestacións públicas no centro urbano de Trabada e, principalmente, no rural deste municipio.

O titular provincial e a rexedora avanzaron que nas vindeiras semanas comenzarán novos traballos na vía de “Fórnea, Vidal e Valboa”. Esta estrada transcorre principalmente por Trabada, aínda que hai treitos que discorren por deslindes de Ribadeo e Barreiros. Trátase dunha estrada moi empregada, pois conecta a zona co Hospital da Costa. Por outra banda, o Goberno da Deputación atende a 33 maiores de Trabada aos que non ofrece asistencia a Xunta -din-;faino con 22.000 euros, que permiten o funcionamento do Servizo a Domicilio para non dependentes».

Por outra banda o PP, a través de Yanes Ginzo, criticaba onte o feito de que non foran invitados nesta visita do presidente da Deputación ao municipio de Trabada. Enténdeo «como unha falta de respecto institucional».