Miguel Sande presentará «A Candidata» este martes na Librería Nobel de Burela

Foi a novela gañadora do premio García Barros. Bernardo Penabade e o rapeiro Ivandro Soares acompañarano


Miguel Sande, escritor e delegado de La Voz de Galicia en A Mariña, presentará este martes, día 16, víspera das Letras Galegas, a súa novela «A candidata» (Galaxia, premio García Barros) na librería Nobel de Burela a partir das 20 horas. Estará acompañado polo profesor de Lingua e Literatura Galega e escritor Bernardo Penabade; ademais, o xove rapeiro caboverdiano, Ivandro Soares, interpretará algunhas pezas como adianto do que será o seu primeiro disco que sairá en xuño.

«A candidata», novela que está a ser destacada pola crítica galega e seleccionada no blogue cultural Biosbardia, do crítico César Lorenzo Gil, entre as novidades últimas do 2016, ten como protagonista a unha familia normal, de clase media, á que a vida lle dá un xiro radical debido á crise. Dun día para outro vense sen nada, sen ter nin para comer; na marxe, excluídos, afastados da súa comodidade trala quebra da súa pequena empresa.

A nai, a filla e o pai van relatando por separado esa experiencia, contando cada quen as súas propias vivenzas. A nai, roubando no súper, comendo as sobras dos demais, pero non se rende.

Á filla esa situación crítica, extrema, píllaa no paso do instituto á universidade e dependerá das bolsas de estudo e de traballos precarios para poder subsistir. Participará en movementos políticos para loitar por un mundo máis igualitario e máis xusto. Sexo forte e política protagonizan este apartado. «A candidata» é unha historia e é, sobretodo, unha maneira de contala».

O pai aparece ao final para contar a verdade, a súa. «Ferinte, impactante, abrupta, incorrecta», así a calificou o xurado do Premio García Barros, un dos máis antigos e recoñecidos de Galicia. Con tres visións ben distintas da vida nesa situación extrema.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Miguel Sande presentará «A Candidata» este martes na Librería Nobel de Burela