Expomar renderá homenaxe ao Servizo de Busca e Salvamento Marítimo

Tendrá lugar el día 27 a las 12.00 horas en el recinto ferial


BURELA / LA VOZ

O alcalde, Alfredo Llano, anunciou onte que xa está pechado o programa da Feira Náutico Pesqueira Expomar, que terá lugar do 25 ao 28 de maio. Haberá dúas presentacións do evento, unha o día 12 en Santiago e outra o 16 en Burela. O tamén presidente da Fundación Expomar anuncia como novidade que se renderá homenaxe ao Servizo de Busca e Salvamento Marítimo. Será nun acto que se celebrará o día 27 ás 12 do mediodía no recinto feiral. 

Llano contou que “onte tivemos a que presumimos que foi a última reunión da comisión organizadora de Expomar 2017 porque xa cerramos todo o programa e está todo o recinto ocupado na nave de redes situada no porto de Burela. Isto quere dicir que se está recuperando un pouco o sector náutico pesqueiro».

As xornadas técnicas serán os días 25 e 26. «Vanse tratar temas que agora mesmo preocupan ao sector. Hai moi bos relatores que saben moito destes asuntos e están representadas tamén as distintas administracións, ademais do sector pesqueiro coas súas empresas e tamén no campo científico», sinalou Llano.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Expomar renderá homenaxe ao Servizo de Busca e Salvamento Marítimo