Maruja Mallo protagoniza o Día das Artes este sábado en Viveiro

A Real Academia Galega de Belas Artes dedicaralle unha homenaxe no teatro

d. g.
viveiro / la voz

Este sábado, 1 de abril, conmemórase o Día das Artes Galegas, que este ano está dedicado a Maruja Mallo; o acto central desta celebración terá lugar en Viveiro, no Teatro Pastor Díaz, ás 12.30 horas.

Tras a benvida musical a cargo do grupo vocal SondeNós, procederase á apertura do acto coa intervención do presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo. De seguido, a académica Asunción Rodríguez Rodríguez realizará unha glosa sobre Maruja Mallo, baixo a título «Exótica». Posteriormente e nesta orde, intervirán a alcaldesa, María Loureiro; Darío Campos, presidente da Deputación Provincial de Lugo, e Román Rodríguez González, Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se encargará de pechar o acto. Finalmente, SondeNós actuará novamente na despedida musical. O xornalista e escritor Ramón Pernas será o encargado de guiar o acto.

Pola tarde, na sala multiusos da casa do concello, a Real Academia Galega de Belas Artes celebrará unha sesión ordinaria a porta pechada. O concello agradece esta homenaxe á artista desde Viveiro para toda Galicia.

Votación
1 votos
Comentarios

Maruja Mallo protagoniza o Día das Artes este sábado en Viveiro