¿Zocas Peppa Pig, fashion ou tradicional?

Inmaculada Eiroá González
inma eiroá ALFOZ / LA VOZ

A MARIÑA

p. losada

O zoqueiro traballa a reo para facer as zocas que se lucirán no mercado da Primavera de Ferreira

09 feb 2017 . Actualizado a las 14:11 h.

Alberto Geada (Alfoz, 1980) traballa a reo para satisfacer os pedidos que lle fixeron para o Mercado de Primavera que se celebrará o 25 de marzo en Ferreira do Valadouro. Do seu obradoiro saen a maioría das zocas que lucirán ese día os homes, mulleres e nenos que se achegan á vila para participar nunha festa que vai a máis de ano en ano.

-¿Queda aínda marxe para encargarlle zocas? Está anunciando que remata o prazo.

-Si. Os primeiros anos acababa ás sete da mañá ese mesmo día; agora vou recortando; o ano pasado acabei ás doce da noite e este quero rematar uns días antes, senón psicoloxicamente póñome ‘tocado’.

-¿Cantos encargos leva xa?

-Non sei, pero ó mellor levo cerca duns trinta ou así. Si foran zocas normais, fanse máis rápido, pero cando as tes que personalizar ó gusto do cliente o tempo bótaseche encima (...) Os clientes son esixentes, queren o traballo rápido, pero hai que contar co secado da madeira, cas posibles gretas que lle saian ás zocas. E despois hai que probalas ben, porque a xente xa non está acostumada a andar con elas (...) Facemos o imposible para que os clientes queden contentos e con tempo podo conseguir un mellor traballo.

-¿De onde ven a demanda?

-Do entorno, case todo da Mariña. A zoca tivo unha repercusión importante no tempo e na historia. Na nosa zona, en Alfoz, O Valadouro e pobos de arredor, concretamente en Lagoa, de don son eu e onde sigo, era berce dos zoqueiros, porque había moitísimos. Fai anos era o calzado que había. Alfoz e Valadouro chegaron a ter unha gran poboación, non como agora, que a xente se marchou cara a costa. Esa xente quere recordar, reencontrarse en este ambiente tan especial. O Mercado da Primavera e a festa das zocas está empezando a ser unha reunión familiar; teño pedidos de xente que vai vir de Madrid, adrede, para pasar ese día en zocas. Está tendo tan boa acollida que os emigrantes da nosa zona seguen con esa morriña, con esa ilusión de poñer polo menos un día coas zocas que puxeron ó largo da historia a súa familia, seus avós, seus bisavós. (...) É mercado de xente moi nova, que quere volver a esa sensación a ese contacto no pé, de volver ás orixes.

-¿Elíxe o cliente ou vostede ?

-Cando unha persoa ben coa idea do que quere, para min é moito máis fácil. Hai outra xente que non sabe o que quere poñer, confunde a madreña coas zocas, non saben o que é unha zoca do país, unha rasa de zapatilla, unha zoca chinela da muller galega. Hai que explicarlle, algúns dinme que faga o que eu queira.

-¿Este ano que está trunfando?

-Como o evento creouse sen ningún tipo de norma, cada un vai como lle gusta; está o modelo da xente que vai en plan máis clásico, coa caiada, como si foran vender os produtos alí ó mercado, e veñen en zocas brancas ou algunhas teñidas en negro, e despois está a versión de zoca máis fashion, máis moderna; a xente está empezando a tunealas para o día do desfile, sobre todo nenos pequenos, que están pedindo moito Pepa Pig, rosiña. Ou cos ídolos de carreiras de motos. Vou entregar unhas que leva a rapaza case tres anos intentando que llas faga. Xa as probou dúas ou tres veces; é unha clienta que ten paciencia. É un prototipo das zocas que fixen para pasarela de moda, pero para a calle, adaptadas (...).

-¿Para facer o pedido a tempo?

-Primeiro contactar; como estou traballando, o mellor sistema é a través do WhastsApp, ou polo Facebook ou Messenger ...Agora temos a sorte de que está o museo das zocas ó lado do mercado e estou alí.

-Si esa moza leva case tres anos de espera...

-A peza que leva esta muller é diferente, é un tipo de produto difícil de facer, é excepcional; para as normais estamos a tempo, porque me anticipei nos pedidos. A min o que máis me gusta é que compren as zocas en branco, en madeira ou con unha pintura de protección negra e logo que cada persoa as prepare ó seu gusto (...), queremos fomentar a creatividade da xente. Para as zocas brancas de calle, máis tradicionais, temos tempo ata o 1 de marzo.

-¿Canto custa un par?

-As dos nenos pequenos saen a partir duns 20 euros. Para o Mercado da Primavera, normais para adultos, entre 25 e 30 euros; o resto, poden chegar ata 140 ou 150 euros. _¿E o par ese especial para a rapaza?_ Por ese par especial, voulle facer prezo, que desenrolamos o modelo conxuntamente e foi moi comprensiva comigo, pero andarán por preto de 800 euros.