O primeiro filme de temática LGTB en galego, no que hai postas moitas ilusións

La Voz

A MARIÑA

07 feb 2017 . Actualizado a las 21:24 h.

«Nove de Novembro» será o primeiro filme de temática LGTB en galego, protagonizado polos actores Ademar Silvoso e Brais Yanek. Teñen previsto estrealo a comezos do ano que vén. A historia conta os últimos días nunha relación de parella en 1989. Nesta campaña de micromecenazgo plantéxanse aportacións desde os 3 euros ata os 500 euros. Non é a primeira vez que aparecen personaxes gais ou lésbicos nunha película en galego, pero si a primeira na que ocupan a centralidade da historia.