«Todos os corpos son fermosos»

Yolanda García Ramos
yolanda garcía RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

foto miguel

Onte comezou na Casa da Xuventude ribadense o programa municipal feminino

12 ene 2017 . Actualizado a las 20:04 h.

Onte comezaron na Casa da Xuventude de Ribadeo os obradoiros municipais «Corpo de muller». Formáronse seis grupos e aproxímase medio cento de alumnas aprenderán a reeducar a columna, activar o periné e as nais sobre embarazo e movemento e posparto ou como dar o masaxe shantala ao seu bebé. Sandra Saavedra, fisioterapeuta que traballa no Centro de Día A Concordia e tamén fai ximnasia terapéutica na auga, impárteos.

-Parte destes obradoiros están centrados na maternidade.

-En principio o programa estivo deseñado para que calquera muller de calquera idade e inquietude, dende o punto de vista de aprender a coidarse, non estético nin funcional, puidera ter cabida nos obradoiros de Ribadeo.

-Ensina a redescubrir o periné por exemplo. Quizais hai descoñecemento desa parte do corpo?

-¡Xusto! Non é un traballo do que soe ter conciencia a xente, que é o de contraer e relaxar, senón que supón o coñecemento de todo o que é o periné. Faise traballo de conciencia corporal, descubrindo a musculatura do solo pélvico, porque esta aí e tén unha función. Así vanse achegando á anatomía de forma divertida.

-Hai moitas décadas sería impensable un obradoiro así. A sociedade é hoxe máis aberto?

-Todo parte de que o periné é algo moi tabú. Cando dicimos que poñemos as mans nas cadeiras cando realmente as estamos poñendo na pelve. Co feito de non citar o óso borramos a estrutura. Nos obradoiros fanse moitos exercizos en parellas, con contactos manuais e ollos pechados para conectar co noso corpo e escoitar que nos está a dicir.

-Ese traballo moitas veces está esquecido ou pouco abordado no caso dun posparto. Despois veñen consecuencias coma a da incontinencia urinaria, non?

-Ata que Concha Velasco non saíu na tele anunciando as compresas Tena non existía. Agora existen as compresas pero hai que ir máis alá, pois unha muller non tén que conformarse con vivir coa incontinencia. Nós aquí facemos un traballo en grupo pero non sacamos o traballo individualizado. O ano pasado a xente saíra moi contenta porque lle axudara ás mulleres a redescubriren os seus corpos. Igual que tés pés e mans hai que mirar o periné. É un traballo interesante.

-Bueno, a ver se ten algún efecto positivo en novas xeracións.

-Si, de feito na último edición tivemos moitas rapazas novas. É unha forma de coñecerse e facer unha prevención, pois as mulleres temos unhas fases moi marcadas polo ciclo ovárico.

-Agora aínda se fala diso e xa non se vén temas como a menstruación tan tabú coma antes.