Ofrenda floral aos náufragos hoxe en Burela coa Cruz Vermella e Salvamento

A cita é ás catro da tarde, no entorno da confraría


burela / la voz

Coma todos os anos por estas mesmas datas celebrarase en Burela hoxe á primeira hora da tarde a tradicional ofrenda floral aos náufragos; un acto sinxelo pero dos máis emotivos e entrañables en memoria de todos os desaparecidos no mar.

Dende Cruz Vermella Española en Burela explican que hoxe continuarán coa tradición como cada 1 de novembro; celebran a ofrenda floral aos náufragos entregándolles familiares, amigos e persoas dos achegadas os ramos de flores para seren colocados e bendecidos e para posteriormente levalos na embarcación mar adentro.

Terá lugar este acto (entrega de ramos) ás 16.00 horas na zona da Confraría de Pescadores de Burela; nesta actividade colaboran Cruz Vermella Española de Burela e tamén a lancha de Salvamento Marítimo L.S. Saturno.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Ofrenda floral aos náufragos hoxe en Burela coa Cruz Vermella e Salvamento