A feira das San Lucas fai hoxe de Mondoñedo a capital cabalar do país

Inmaculada Eiroá González
inma eiroá MONDOÑEDO / LA VOZ

A MARIÑA

Hai compraventa de gando, premios, exhibicións ecuestres e actividades lúdicas

18 oct 2016 . Actualizado a las 10:44 h.

Mondoñedo celebra hoxe a feira das San Lucas. A visita ó campo dos Paxariños é un ritual que non perde un sanluqueiro. Os cabalos xa están no recinto dende onte á tardiña, pero a feira ábrese ás oito da mañá e con ela os tratos, o regateo, as visitas dos curiosos. Cara as 13.30 será a entrega de premios do concurso de gando e pola tarde o cabalo volve a ser protagonista no Gran Festival Ecuestre que se celebra na Granxa. Participa o Club Hípico Maspalomas de Gran Canaria, Alberto Borjas de Burgos e a Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Terán exhibicións de volteo, doma de alta escola, traballo, exhibición de trenzado.

Paralelamente, hoxe renóvase no Concello o Irmanamento con Ferrol. A recepción á corporación ferrolá está prevista para as doce da mañá.

O monólogo de Carlos Blanco, ás 19.30 e 21.30 no auditorio municipal e o espectáculo Paiasos total, de duende Circo, ás cinco da tarde polo feiral e se chove, na Casa da Xuventude e a verbena, con Pontevedra e Jerusalén, rematan hoxe o programa.