As mellores gaiteiras de Galicia, Susana Seivane e Cristina Pato, xuntas na catedral

La Voz MONDOÑEDO / LA VOZ

A MARIÑA

12 oct 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

«O cartel deste ano busca o equilibrio entre a tradición e as novidades». Así o indica Miguel Souto, destacando, entre esas novidades o concerto que ofrecerán Susana Seivane e Cristina Pato o día 16: «As mellores gaiteiras de Galicia, xuntas na nosa catedral, este 860 aniversario merecíao, sen dúbida pode ser un concerto único», explica Souto, destacando o bo ritmo que leva a venta de entradas. Teñen 550 á venda, o que permite o aconsellable para o aforo da catedral mindoniense, e levaban onte vendidas unhas 360.

A oferta musical nestes nove días de festas, que comezan este sábado día 15 e rematan o día 23, é do máis completo. Pasarán por Mondoñedo Claxxon, La Oca, Principal, Combo Dominicano, Jerusalén, Pontevedra, Los Satélites, Garibaldi, Gran Parada, Palladium, Orquestra de TV, París de Noia, Galilea, Tekila, Fonsi Nieto, Xriz, DKB, Fénix e estarán os artistas locais en Voces da Paula, e haberá concerto en acústico de Mayor Tom e Still River e estarán tamén actuando os de Val das Mouras.

O cabalo é a estrela das San Lucas. A baixada das greas dende os montes, pasando pola praza da Catedral e as calles do casco gaña de ano en ano máis público. É un espectáculo único. A feira, con premios en metálico, é outra cita destacada que non perde un sanluqueiro. As competicións e exhibicións ecuestres, os tratos, As San Lucas como lugar de encontro, tamén como festa total na que poderán disfrutar do teatro e espectáculos afíns (terán a Carlos Blanco cos seus monólogos, a Mircromina Títeres, a títeres Alackan, a Trioliro Regueifeiros, a Katarsis teatro, aos de Elsinor, con Manuel Lourenzo á fronte, maxia, ao contacontos Caxoto cativo..).

Haberá pasarrúas, gaitas, conferencias, xogos populares, exhibicións de deporte rural vasco, demostración de tallado artístico con motoserras. Os maiores celebrarán a súa festa anual.