A RAG e o Concello invitan ás charlas deste sábado no teatro

La Voz

A MARIÑA

06 oct 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A Real Academia Galega (RAG) e o Concello de Viveiro convidan a toda a cidadanía a un dos actos que coorganizan co gallo do centenario das Irmandades da Fala.

Ao mediodía deste sábado, no Teatro Pastor Díaz, a música do gaiteiro viveirés David Bellas abrirá un programa no que tomarán a palabra Xesús Alonso Montero, presidente da RAG, e María Loureiro García, alcaldesa viveiresa.

Ambos introducirán unha mesa redonda que moderará Carlos Nuevo Cal, cronista oficial de Viveiro e profundo coñecedor da vida e obra dos Vilar Ponte. Baixo o título No tempo das Irmandades: fala, escrita e prelos. Protagonistas das Irmandades, pronunciarán conferencias Isabel Seoane (sobre Florencio Vaamonde), Antón Costa (sobre Xohán Vicente Viqueira) e Emilio Xosé Insua (sobre Antón Villar Ponte).