Touriñán presenta o venres en Burela o «Monólogo do imbécil»

La Voz

A MARIÑA

05 oct 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O coñecido actor e monologuista Xosé Antonio Touriñán presentará este venres en Burela o «Monólogo do imbécil», texto que mereceu o premio Max de teatro no 2003. A representación deste peculiar monólogo do imbécil, «ao que todo lle sae mal», terá lugar no auditorio da Casa de Cultura de Burela a partir das 21.30 horas; a entrada custa 12 euros. Unha ocasión para rir e desfrutar.