«Temos uns obxectivos de cara ao público e outros dentro do vestiario»

A MARIÑA

O conxunto focense é líder despois de tres xornadas no grupo lucense de Primeira Autonómica

21 sep 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Jesús Gayol e os seus xogadores son dos poucos aos que non lles sorprende o arranque case perfecto do CD Foz. A pesar de ser novato na categoría e aglutinar a un bo número de canteiráns na súa plantilla, o conxunto roxiblanco lidera a clasificación despois de tres xornadas. O seu adestrador non concreta os obxectivos, pero deixa entrever que son máis ambiciosos do que imaxina a afección.

-¿Que pensa cando mira a clasificación e ve ao seu equipo no máis alto? ¿Sorpréndelle?

-Estamos onde merecemos. Gañamos dous partidos de forma cómoda, xogando moi ben, e empatamos outro [en Burela] diante dun rival extremadamente defensivo. Foi practicamente imposible facer goles. Ademais ese día fomos con catro baixas moi importantes.

-Non hai mellor motivación para os xogadores que verse no liderado, ¿verdade?

-Por suposto, é moi importante estar arriba. Sabemos que o inicio de liga é importantísimo porque che pode dar moitos ánimos e tamén temos claro que lle podemos sacar un bo partido ao feito de ser novos na categoría, sobre todo na primeira volta. Vamos a ver si seguimos por este camiño para cumprir os nosos obxectivos canto antes.

-¿Cales son metas?

-Este ano temos uns obxectivos de cara ao público e outros dentro do vestiario que son os que verdadeiramente me importan.

-E que non desvelará, claro.

-Non, eses quedan dentro do vestiario.

-¿Ten equipo suficiente o Foz para estar entre os mellores durante a toda a liga?

-Temos unha moi boa plantilla, cun fondo de armario importante, e incluso estamos mirando a posibilidade de incorporar reforzos que nos poidan dar máis do que temos. Si mantemos esta liña de ilusión e traballo poderemos acadar algo importante.

-¿Para que posición serían eses reforzos dos que fala?

-Para arriba.

-¿Cal é a súa aposta para o ascenso a Preferente?

-Residencia, Santaballés, Outeiro de Rei e Valadouro, por esta orde. Creo que son os máximos favoritos porque teñen moitos futbolistas moi bos e, sobre todo, moito gol. Os equipos cunha boa capacidade goleadora son os que ao final están arriba.

-O CD Foz parece que tamén ten pólvora. Nove goles en tan só tres partidos.

-É un bo rexistro, no cabe dúbida, e os máis importante é que eses nove goles están moi repartidos. De momento non temos dependencia de ningún xogador e por iso me mostro, si cabe, más ilusionado.

-¿O traballo estival estivo pensado en comezar a liga case en plena forma?

-Empezar moi forte e acabar moi forte. Esa premisa é ineludible sempre, porque os campionatos decídense aí. Si quedas descolgado ao principio de liga despois non vas ter opción ningunha, e o feito de empezar ben tamén che da marxe para os posibles baches que poidas pasar ao longo da tempada.