«Crisis» superada na sesión vermú das Festas do Oito

Inmaculada Eiroá González
Inma eiroá O VALADOURO / LA VOZ

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

Unha avaría no vehículo-palco da Atenas impideu que actuara

09 sep 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Os organizadores das Festas do Oito, axudados polo responsable de Espectáculos Pico, sortearon onte o problema que puxo en risco a sesión vermú das Festas do Oito, en Ferreira do Valadouro.

Tocáballe dar o concerto á Orquestra Atenas; os músicos xa durmiran esa noite nun hostal da vila, recén chegados de actuar dun pobo de Pontevedra. O camión co palco viría detrás, pero unha avaría neste ás tres da mañá obrigounos a ir ó taller, onde non foron quen de amañar o problema para que puidesen chegar. A golpe de chamadas, Pico intentou buscar substituto ó grupo, pero non era doado, xa que aínda que moitos dos que chamou estaban dispostos a axudar, non daban reunido os músicos todos. Ó remate amañaron facendo un intercambio.

Onte, no sitio de Atenas tocou Pekados, a medio día, e á noite Fin de Siglo e Fénix.

Hoxe seguen os actos

Pero a festas seguen, e con bo tempo. Hoxe, hai misa solemne ás 12.00 presidida polo bispo de Mondoñedo, procesión, sesión concerto a partir das 14.30 horas coa Banda Municipal de Ribadeo e a Orquestra Caramelo e, pola noite, verbena con Caramelo e Matiné.

O sábado soará a música de Atenas e Pekados e haberá exhibición de baile e, o domingo, rematarán as festas con Fénix e con xogos infantís gratis.