«Nervioso non estou, pero creo que non merecía tanto»

O practicante que axudou a nacer a mil nenos no Valadouro recibe hoxe o título de Fillo Predilecto


o valadouro / la voz

Ramón Gasalla Ónega, con cen anos cumpridos o 1 de xullo, recibe hoxe o título de Fillo Predilecto do Valadouro, concedido por unanimidade pola corporación, a petición do BNG. «Nervioso, non, pero paréceme que non merecía tanto», afirmaba onte dende a súa casa de Ferreira, mentres agardaba a chegada da súa filla Concha e da súa neta Alba.

Foron facerlle compaña e hoxe estarán con el nos actos que se van celebrar na súa honra. Ademais, está previsto que asistan o seu fillo Guillermo; a súa nora Fernanda; o xenro, José Antonio, os outros dous netos, Ana e Alexio, xunto coa dona deste último, Bea, e a benxamina da familia, Valeria, que naceu hai pouco máis dun mes e estará tamén hoxe con seu bisavó centenario.

Gasalla é unha persoa querida en todo o contorno. Forma parte da historia de cada familia do Valadouro. No desempeño da súa profesión, como practicante en medicina e cirurxía, coseu e curou feridas, puxo inxeccións, atendeu enfermidades e, o mellor, de todo, axudou a vir ó mundo á maioría dos nenos que naceron o Valadouro durante varias décadas. Di que leva a conta e foron uns mil. Sempre con boa cara, mesmo ten axudado economicamente candi vía necesidade nunha casa.

Hoxe, moitos daqueles veciños o acompañarán no almorzo que pechará os actos. Antes da comida descubrirase unha placa na súa honra no Colexio de Santa María do Valadouro, o centro de ensino publico polo que tanto loitou para que se fixera. A entrega do título é ás 12.00 no Concello.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Nervioso non estou, pero creo que non merecía tanto»