«As festas de San Roque contan cun entorno moi familiar»

D.P.,y. g. TRABADA / LA VOZ

A MARIÑA

12 ago 2016 . Actualizado a las 04:00 h.

Mayra García converteuse en xuño do ano pasado na primeira alcaldesa de Trabada, dando fin a 24 anos de goberno do PP.

-¿Cómo foi a organización das festas este ano?

-O ano pasado a primeira comisión renunciou, así que houbo que buscar unha nova que tivo moi pouca marxe, e este ano repiten, tendo máis tempo. Xa realizaron ao longo do ano actos para recadar fondos, que non se puideron realizar o ano pasado.

-¿Cómo animaría a alguén de fóra a vivir as festas de Trabada?

-Estando nunhas datas nas que hai moitas festas, as de Trabada contan cun entorno moi familiar, e a nosa diferenza son as diversas actividades gratuítas, así como as rutas de sendeirismo.