«A guerrilla foi importante respecto ó resto de Galicia»

Inmaculada Eiroá González
inma eiroá FOZ / LA VOZ

A MARIÑA

c. toimil

Analizou a historia da guerrilla nas Xornadas de Historia de Foz, que pecha Fernández Pacios

05 ago 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O historiador ferrolá Eliseo Fernández participou nas Xornadas de Historia Local de Foz, que organiza A Pomba do Arco, e que hoxe clausura, ás oito e media da tarde, Fernández Pacios.

-Estudou vostede a guerrilla na comarca ¿Non?

-A miña especialidade é a historia do movemento obreiro, pero como está relacionado coa guerrilla, terminei estudando os da guerrilla. En Foz falei un pouco de todo, contar como estaba a situación do asociacionismo político e sindical na Mariña, en Foz, na II República, cómo ven o golpe militar e como remata con todo iso, e como despois algunha desa xente que estaba implicada neses movementos sociais participa tamén nas organizacións clandestinamente e tamén na guerrilla.

-¿Son significativos en Foz eses movementos?

-Si, foron importantes. Foi un pouco máis tardía que noutras zonas de Galicia a implantación do sindicalismo mariñeiro, a finais da República, pero foi importante porque deu lugar a esa guerrilla que durou bastante tempo e foi importante con respecto ó resto de Galiza.

-¿Que nomes destaca en Foz?

- Vou falar de José Antonio Vázquez Bouza, que é un emigrante de Foz que vivía en Francia que participou nun intento de derrocar a ditadura de Primo de Rivera (...). E de xente do Partido Socialista, como Xosé Paz, que foi alcalde na transición, que levaba unha militancia no partido desde os anos da guerra e na época da clandestinidade. Traballou e foi o delegado do PSOE para todo o norte de Galicia e incluso traballou co espionaxe británico, tiña organizado un sistema para vixiar os movementos dos alemáns na costa norte. Aproveitaron ese inimigo común dos dous, Franco e os alemáns, e houbo certa relación entre os socialistas e o espionaxe inglés (...).

-A guerra aquí non foi tan agresiva como noutras partes ¿Non?

-Non, Foz foi un dos sitios onde menos vítimas houbo. Hai a causa general que é unha enquisa que fixo o goberno de Franco sobre as vítimas durante a guerra na zona da Mariña e partido de Mondoñedo non figuran mortos por enfrontamentos na guerra. Foi rápido tamén, en dous, tres días acabou a resistencia (...) Ó sublevarse os carabineiros e a Guerra Civil xa se deron conta de que non había que facer.