E que non falte a festa do percebe

Xove celebrará este sábado unha nova edición desta festa gastronómica

d. g.
xove / la voz

Atentos que en Xove os percebes voan. Xa están a preparar unha nova edición da Festa do Percebe, que será este sábado; será a quinta edición.

«O éxito acadado na edición do pasado ano animounos a repetir a experiencia. Concretamente vai ser instalada unha carpa ubicada na Praza do Concello, no Centro Cívico de, que acollerá a celebración novamente desta festa», explican desde a organización; un dos membros é Jordi Meitín.

O evento comezará pola mañá ás 12:00 horas, cando se procederá ás distintas degustacións, nas cales o percebe vai ser lóxicamente o rei. E o dito, atención, que os perceben en Xove voan.

Ademáis de percebe ofreceranse máis cousas. A ración de percebes, máis prato conmemorativo, costará 12 euros. Pero haberá ademáis ración de empanada de polbo, 3 euros; ración de empanada de zamburiñas, 3 euros; ración de empanada de mariscos, 3 euros; ración de empanada de bonito, 3 euros.

«Para non comer a pao seco esta oferta vai estar acompañada, para aqueles que o desexen, por un viño albariño, a un prezo popular de 6 euros a botella. Lóxicamente, tamén haberá todo tipo de bebida para os que collan outras opcións (augas, refrescos, cervexas, viño, etc.)».

Para acompañar a Festa do Percebe, e durante toda a duración da mesma, a organización vai contar coa animación dun discomóvil, que porá o punto musical á mesma. Tamén van animar esta festa, alternándose coa Discomóvil, os gaiteiros de Saíñas, que sen dúbida van dar un sabor local á mesma. A Festa do Percebe de Xove vaise prolongar ao longo do día, permitindo aos asistentes xantar e cenar se así o desexan.

A organización conta coa colaboración do Concello de Xove, da Confraría de Pescadores de San Cibrao, a Asociación de Festexos a Medorra e a Asociación Cultural Saíñas de Xove. «Para rematar -sinalan desde a organización- aproveitar para invitar a participar nesta festa a tódolos xovenses e mariñáns, así como a tódolos que nos visitan nestas datas estivais».

O percebe é un dos mariscos estrela e en Xove os percebeiros arriscan a súa vida cada día na procura deste prezado marisco. A semana pasada nestas páxinas publicamos fotografías do seu arriscado traballo nas penas de Morás e da costa de Xove. Todo para que desfrutemos deste manxar. Agora toca saborear dos percebes este vindeiro sábado en Xove.

Instalarase unha carpa na Praza do Concello de Xove para a festa; as degustacións de percebe comenzarán a partir das 12 horas e a xornada será longa, ata a noite, con música de Saíñas

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

E que non falte a festa do percebe