Alumnos brillantes camino de la universidad

Otros cuatro estudiantes mariñanos, con notas de 9 y pico o 10, nos revelan sus retos de futuro


viveiro / la voz

De las aulas de los institutos mariñanos han salido este curso algunos de los mejores expedientes académicos de la provincia. En cuestión de meses, serán estos alumnos los que acudan a la universidad elegida para continuar su formación. Muchos son expedientes de 10 o rozando esta nota y abandonan el instituto con las ventajas que depara portar una matrícula de honor. Al avance de entrevistas con los mejores expedientes iniciado este domingo le sigue hoy una nueva entrega de conversaciones con algunos de los alumnos más brillantes. Dos de ellos, del IES Monte Castelo de Burela, que este año concedió cinco matrículas de honor.

De todos los institutos saldrán candidatos para concurrir a la convocatoria de los premios de bachillerato correspondientes al curso 2015-2016. Se podrán conceder un máximo de 20 premios, cada uno dotado con mil euros, según recoge la convocatoria del DOG del 26 de abril.

los mejores expedientes

«No futuro quero ser director de cine. Xa mirei unha escola en Madrid»

Cunha media de 9,95 no Bacharelato, o focense Uxío Fernández Corbelle (Baleira, 1998) ten claro a qué quere dedicarse profesionalmente: «No futuro quero ser director de cine. Mirei unha escola en Madrid, a Escuela de Cinematografía y del Audiovisual de la Comunidad de Madrid, fixen a entrevista e colléronme». Tres anos deberá investir para lograr a titulación e, ao final, poderá decidir se fai un máster. Uxío optou pola opción do BAC de Artes Plásticas no IES Monte Castelo de Burela: «Decanteime por esta rama do BAC para inicialmente dedicarme ao mundo da imaxe. Ao principio quería ser deseñador gráfico, pero logo cambiei de opción e interesoume a cinematografía». A segunda alternativa que baralla, pero de forma moi secundaria, é cursar estudos de Historia. A pesares do seu expediente, Uxío di non considerarse entre os mellores alumnos. Compaxina os estudos con outras afeccións: perfecciona o inglés, toca na banda de música de Foz, no grupo da Subela e na Big Band focense. Para este focense a chave do éxito para lograr uns bos resultados académicos está na organización: «Organízome, intento seguir un horario de estudo poñendo sobre a mesa unha serie de obxectivos». En tempada de exames vóltase máis disciplinado. E, a maiores, tira das novas tecnoloxías para acadar estes logros: «Teño unha aplicación no móbil para programar e organizarme coas tarefas que teño que facer. A organización é importantísima». Estes días ultima os preparativos para o exame de nivel de inglés.

«Creo que si estás moi atento nas clases, xa non che queda moito por facer na casa»

AGema González-Redondo Pérez (Mondoñedo, 1998) gústalle a tecnoloxía industrial e a física. Tanto é asi que se está decidindo entre ser unha futura enxeñeira química industrial (formada en Gijón) ou unha enxeñeira aeroespacial. De decantarse por esta última alternativa, pasaría a formar parte da primeira promoción deste centro que se porá en marcha este ano no Campus de Ourense. Esta estudante mindoniense rematou os seus estudos no IES da cidade episcopal, onde logrou un 9,89 de media tanto en segundo curso de BAC como en todo o Bacharelato. Para Gema González-Redondo hai poucos segredos detrais deste expediente: «Eu creo que si estás moi atento na clase, xa non che queda moito por facer na casa. Non se poden deixar as cousas para o final, para o último día». Esta mindoniense confesa que non é unha gran disciplinada á hora de falar de estudos, pero insiste en que lle é moi frutífero «atender na clase». Pero como nesta vida non todo vai ser estudo, Gema adica parte do seu tempo libre a practicar baloncesto. Tamén confesa que lle gusta viaxar e, quizáis por elo, decidiu probar sorte e foi unha das bolseiras de Amancio Ortega cunha estadía dun ano nos Estados Unidos: «A miña familia de acollida naquel país estaba moi vinculada á industria do petróleo e isto tamén foi importante á hora de que eu me decidira pola química industrial». Antes de iniciar estudos universitarios pensa desfrutar duns días en Portugal e, si logra recadar o suficiente, ¡quen sabe si poderá visitar á familia de acollida nos EUA!

«Gustariame ser xuíza, xa hai bastante tempo que o teño claro»

Andrea Cabanas Daura figura entre os mellores expedientes académicos de segundo curso de BAC do IES Monte Castelo de Burela. Ata esta localidade se desprazaba a diario desde Ferreira, onde reside e onde naceu no ano 1998. As Humanidades e as Letras son o forte desta alumna de 10 en segundo curso de BAC (de media) e que obtivo de media de Bacharelato un 9,95. Andrea Cabanas confesa que non ten unha disciplina de traballo moi marcada. Cada día acostuma a dedicar arredor de hora e media a estudar, si ben intensifica este traballo nas datas máis próximas aos exames. Aos seus 17 anos gústalle saír cos amigos, facer algo de deporte, «pouco» e este ano poderá e deberá desfrutar do verán máis ca nunca. En setembro ten pensado iniciar estudos de Dereito, unha carreira que lle gustaría poder estudar na Universidade de Santiago de Compostela. «Gustariame ser xuíza, xa hai bastante tempo que o teño claro. É un traballo que me chama e estou disposta a intentalo», avanza esta moza que se namorou na ESO do latín, unha materia que encabeza o listado das súas favoritas. Andrea Cabanas estudou no colexio de Ferreira e continuou logo estudos no IES Alfoz-O Valadouro antes de matricularse no IES Monte Castelo, onde cursou estudos de Bacharelato. Agora, pendente coma milleiros de estudantes galegos, agarda os resultados dos exames das probas de selectividade. Será despois cando descanse: «Creo que este vai ser o verán das nosas vidas», conclúe esta namorada das Letras.

«Tuve muy buenos profesores, y eso se nota también mucho»

Encara la época de vacaciones dispuesta a descansar y a disfrutar más del tiempo libre y de los suyos antes de iniciar estudios universitarios lejos de casa. Carmen Novo González (Viveiro, 1998) acabó recientemente sus estudios de 2º de BAC con una media de 10, la misma que obtuvo de media en todo el Bachillerato. Estudió en el IES Vilar Ponte de Viveiro, donde figura como el mejor expediente. Carmen Novo confiesa que una parte del éxito de un expediente brillante radica en los docentes: «Tuve muy buenos profesores, y eso se nota mucho». Aunque es de trabajar a diario, asegura que las horas de estudio más intensas las invierte en las fechas previas a los exámenes. Uno de los factores que juega a su favor es la habilidad para concentrarse: «Soy una persona que me concentro mucho para estudiar y aprovecho bien el tiempo». En sus estudios de Bachillerato se decantó por la rama de Ciencias, la biosanitaria. Tiene confianza en obtener buena nota en la selectividad -cuyos exámenes se celebraron en el instituto en el que se formó- y poder iniciar así la carrera universitaria de Medicina. Entre sus aspiraciones futuras destacan las de poder dedicarse profesionalmente a la investigación genética o, como segunda opción, a la cirugía. A pesar de ser una buena estudiante, Carmen Novo no renuncia a disfrutar de la música, «me gusta mucho», y también es consciente de las puertas que abre el conocimiento de varias lenguas: «Me gustan mucho los idiomas y actualmente estudio inglés y alemán».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Alumnos brillantes camino de la universidad