Xuntanza en Xove e Viveiro de licenciados en Xeografía e Historia

La Voz

A MARIÑA

Mario Eijo agasallou á promoción do 79-84

08 jun 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O pasado sábado  xuntáronse unhas vinte persoas da promoción 1.979/1.980 - 1.983/1.984 de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago, de cando en Galicia había só unha universidade. Este evento, que celebran cada ano por estas datas en distintos lugares, esta vez tocoulle organizalo a Mario Eijo, técnico cultural en Xove, polo cal por primeira vez a cita foi na Mariña.

O lugar escollido para o xantar foi o Restaurante Nito de Area, dende cuxas instalacións puideron disfrutar, ademáis dunha excelente comida, dunhas impresionantes vistas, como se pode apreciar na fotografía que se adxunta. Lóxicamente, ao ser o organizador de Xove, Eijo aproveitou para enseñarlles unha pequena mostra do seu Concello, polo que, despois do xantar, achegáronse todos ata o Faro de Roncadoiro para disfrutar da vista.