Os voluntarios de Cáritas «sodes o espello en que mirarnos»

Inmaculada Eiroá González
I. EIROÁ MONDOÑEDO / LA VOZ

A MARIÑA

A alcaldesa mindoniense puxo de exemplo aos voluntarios e agraceu a súa labor na sociedade

05 jun 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Uns 500 voluntarios de Cáritas de Galicia viaxaron onte á cidade da Paula para participar no encontro organizado polo Bispado de Mondoñedo-Ferrol. A alcaldesa, Elena Candia, deulles a benvida: «Sodes o espello en que mirarnos ao compartirmos a mesma necesidade de mellorar as condicións de vida dos que nos rodean», lles dixo, agradecéndolles a súa «altruísta dedicación, que só busca mellorar a vida dos cidadáns xusto cando peor o están a pasar».

As cifras aportadas por Cáritas de Mondoñedo-Ferrol, de que no ano pasado atenderon a 3.574 persoas na Mariña, son bo exemplo dese traballo. A entidade dedicou no 2015 un total de 517.239 euros para labores de atención en toda a diócese, dos cales, 291.151 chegaron a través das Cáritas Parroquiais e 226.088 da diocesana.

Onte foi sobre todo unha xornada de lecer, na que os participantes aproveitaron tamén para coñecer Mondoñedo e o seu entorno. Segundo fontes de Cáritas, «a xente volveu contentísima» e encantada do recibimento que lles brindaron.

O bispo da diocese, monseñor Luís Ángel de las Heras, presidiu a misa e incluso se brindou a posar cos gaiteiros de Souto Xímaro, acordándose de que foron os que o recibiron na súa chegada oficial aos Remedios, con unha peza da terra.

mondoñedo / la voz