Fillo predilecto do Valadouro, acaba de cumplir os cen anosOs cen anos do practicante que axudou a nacer a máis de mil nenos

Inmaculada Eiroá González
inma eiroá O VALADOURO / LA VOZ

A MARIÑA

Rodeado dos seus e agasallado polo Concello, festexou o seu século de existencia

03 jun 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

«A homenaxe máis grande é ver o que quere a xente a noso pai». Quen o di é Concha Gasalla, que ven de celebrar os cen anos do seu proxenitor, Ramón Gasalla, fillo predilecto do Valadouro e agora centenario. A do mércores día 1, cando cumpría, foi unha festa familiar á que se achegou o alcalde e a concelleira de Servizos Sociais, Edmundo Maseda e María Mon, para agasallar a un veciño querido en todo o Val do Ouro.

Gasalla exerceu de practicante no Valadouro dende 1943 ata que se xubilou, durante máis de corenta anos. O coñecían como o médico dos pobres. Non era raro que nalgunha casa, cando acudía a facer unha cura ou poñer unha inxección, deixara debaixo da almofada algún carto, si había necesidade.

Aquel sorriso e bo humor seguen intactos. E de saúde moi ben. «Non vai ó médico, nin xunta a min, nunca se queixa de nada. Sempre nos di, se vos necesito xa chamo», explica a filla, médico de profesión.

No ?cumpre? Ramón pasouno en grande, rodeado dos seus. Por riba, vai ser avó dunha nena que, contan, nacerá a primeiros de xullo. Fixéronlle a celebración nun restaurante de Burela. «Si queredes, volvemos o domingo, que son as festas», lle dixo á familia. A súa vida é tranquila en Ferreira. Coida dos gatos, sae de cando en vez a tomar un viño ós bares da vila, rise cos amigos, fala coa xente, le o periódico...

Hai algún tempo contábanos nunha entrevista que durante anos, como daquela eran todos na casa e apenas había médicos, foi o que atendeu os partos que se producían no Valadouro: «O primeiro que lle tocou foi un na Casela, foi o único fracaso que considerei que tivera, pensei que o neno viña ben e estaba morto; a nai xa non era nova e tardara en dilatar. Logo nunca máis me morreu un bebé ó nacer e creo que axudei a traer a máis de mil».

Empezou a traballar sendo xoven con unha bicicleta, coa que se desprazaba a calquera punto do concello, ata o Cadramón ou Vilacampa; logo mercou unha moto e despois un coche. Agora o coche, por certo, sígueo tendo, aínda que non o conduce. Iso si, o seu fillo Guillermo se encarga de acenderllo de vez en cando e terllo a punto, por si alguén ten que levalo a algún sitio, para poñerlle polo menos o medio de locomoción.

Felicidades Ramón.