«Nun ano fun alcaldesa, presidenta da Deputación, vivín unha moción de censura, un congreso...»

A alcaldesa de Mondoñedo fai un balance positivo do ano que remata


MONDOÑEDO / LA VOZ

-Vexo que é a alcaldesa máis ocupada (sempre reunida).

-(Risas) Si, si, pero bueno, eu sempre fun así, cando non facía unha cousa facía outra, libre nunca. Si, a verdade que foi unha etapa intensa, nun ano fun alcaldesa, presidenta da Deputación, vivín unha moción de censura, un congreso... Pero centrándonos neste ano que case levamos en Mondoñedo, eu fago un balance moi positivo.

-¿Si?

-Si. Hai proxectos moi interesantes en marcha. Un ano na administración local da tempo a pouco, porque todo é moi lento, pero bueno, fomos quen de baixar algún imposto, de tomar medidas para adecentar o casco histórico, que é dos elementos máis significativos turisticamente, sen abandonar o rural, onde se intensificaron os desbroces en parroquias que había anos que non vían o tractor, fixemos unha aposta pola promoción cultural, conseguimos que se deixara de falar en Mondoñedo en negativo, que a xente vira que algo se move, aproveitando ó máximo o Camiño de Santiago, promocionando os eventos que existían e creando novos (...) A xente empeza a visualizar que un día ó mes hai teatro, cada fin de semana hai algo interesante para visitar Mondoñedo; unha mellor organización para dar visitas á cova; o domingo teremos a visita número oito mil. Ademais, eliminouse a lista de espera no servizo de axuda no fogar, que me parece importantísimo; estamos a punto de recibir permiso de inicio de actividade no centro de día, que xa está dotado e empeza a ter solicitudes de usuarios. Hai en marcha proxectos de asentamentos de actividades económicas e estamos conseguindo quitar ese tópico de que Mondoñedo era unha administración que torpedeaba ou non daba facilidades á hora de ter unha licenza. En tempo récord dimos a do Banco Sabadell (en menos de dous meses) en outros máis difíciles, como as licencias para albergues ou para Mesón de Alberto tamén nun prazo razoable encontramos solucións. Conseguimos informes favorables de tódolos organismos para o PXOM; contamos que en xullo ou agosto teñamos a aprobación definitiva. Inversións importantes, como o traslado do centro de interpretación do Camiño, que xa está adxudicado á empresa Trivium, contamos inauguralo o 26 xuño, coas xornadas de Abrindo Camiño. Está en licitación a obra da Avenida Bos Aires, logo de rematar a LU-124; asinamos un convenio para abastecer auga en zona onde se asentara poboación e afectaba parroquias como Viloalle, Marquide, a Ferrería(...) e conseguiron os 200.000 euros que facían falla ademais de un contrato para arranxar no barrio de San Lázaro onde había inundacións. Está en licitación Lence Santar, os negocios afectados pediron si podiamos esperar a despois do verán (...); son uns 180.000 euros. Hai en marcha un servizo de ludoteca para os madrugadores no colexio(...).

-Non siga. Brevemente, ¿como é un día da alcaldesa?

-Eu boto xornadas moi largas, levántome ás sete da a mañá e chego á casa moi tarde. No concello estou normalmente polas mañás; non descanso nin sábados nin domingos(...) Estudio o rexistro tódolos días. Pero estou contenta., foi un ano marabilloso.

«Boto xornadas moi longas, non descanso sábados nin domingos, pero estou contenta»

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

«Nun ano fun alcaldesa, presidenta da Deputación, vivín unha moción de censura, un congreso...»