A Xunta oferta case 2.000 prazas en campamentos de verán na provincia

E. M. / D. G. VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

Imaxe de xóvenes no campamento xunvenil de Area, en Viveiro, da Xunta coma o da Devesa.
Imaxe de xóvenes no campamento xunvenil de Area, en Viveiro, da Xunta coma o da Devesa. p. l.

As actividades dos meses de verán favorecen a creación de 350 empregos

20 abr 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta este ano na provincia de Lugo 1.960 prazas en campamentos de verán e campos de traballo para nenos e mozos dentro da súa Campaña de Verán 2016 e suma 65 novas prazas á oferta do ano pasado, tal e como informou a delegada territorial, Raquel Arias. «Este ano, a consellería destina ao desenvolvemento deste programa na provincia un orzamento de 623.413 euros, 40.000 euros máis ca no 2015, o que permitirá crear arredor de 350 postos de traballo, entre monitores, persoal sanitario, de cociña, limpeza e mantemento de instalacións», explicou.

Entre a oferta figuran, por exemplo, disciplinas deportivas coma a vela, o wakesurf, o windsurf, o piragüismo ou a escalada, ademais de outras actividades de aventura, en contacto co mar e a natureza, e visitas culturais.

Na programación desta edición contémplanse campamentos de veránpara rapaces de entre 9 e 16 anos, que desenvolverán actividades en varias quendas nalgunha das sete instalacións da provincia de Lugo. Trátase do albergue xuvenil de Area, en Viveiro; o albergue de Portomarín; o campamento xuvenil de A Devesa, en Ribadeo; o campamento xuvenil en Palas de Rei; o poboado de Os Peares, en Carballedo; o albergue municipal de Quiroga; e o complexo LUG II, en Lugo.