«O eucalipto segue sendo atractivo para o produtor»

Daniel Villapol, conselleiro delegado de Maderas Villapol, destaca o rendemento económico desta madeira


VIVEIRO / LA VOZ

Villapol coñece as dúas facetas, como responsable dunha empresa e como produtor -Vostede decántase polo globulus ou polo nitens?

-Como comprador, calquer cliente prefire o glóbulus que o nitens, tanto que sexa unha fábrica de pasta como de madeira para serrar, de chapa...inclusive para todo tipo de consumo, a madeira do glóbulus é superior. Agora, como produtor depende de onde se vaia plantar, o glóbulus é moito máis esixente respecto a temperatura, non pode baixar de dous graos baixo cero; non pode ter unha altitude superior a 450 metros e tamén inflúe o tema das enfermidades, que son máis acusadas no glóbulus que no nitens, independentemente de que tamén ao nitens lle afectan, pero con moita menos incidencia. Se iso non se trata axeitadamente sácalle un rendemento importante no seu crecemento. A xente empezou a plantar nitens porque ten menos problemas con eles dende o punto de vista do desenrolo. O nitens, sen mais coidados, da un rendemento alto de toneladas hectárea, ano. Pero o valor da madeira é inferior, porque o cliente paga menos, e si hai suficiente glóbulus non paga nitens. Para algúns usos, como a madeira laminada, non vale o nitens, e para chapa tampouco e iso repercute á hora de vender.

-Vostede tamén é produtor ¿Que planta nas súas fincas?

-Na miña propiedade teño o 80% glóbulus e o 20% nitens.

-Me comentaba que os prezos non baixaron tanto o ano pasado

-Non, non é significativa a baixada; baixou un pouco a pasta e como consecuencia baixou un euro, aproximadamente, a madeira.

-¿Sigue sendo atractivo o forestal, económicamente?

-Si, o eucalipto sigue sendo atractivo; baixou máis o pino últimamente, sobre todo o pino de trituración, pero no eucalipto seguen sendo unhos prezos atractivos para o produtor. Está sacando rendemento importante do seu produto.

-Nestes anos de crise os montes foron unha tabla de salvación para moitas familias

-Si, me dicía estes días un xefe de servicio da Xunta que o ano pasado se cortaron tres millóns de metros cúbicos de madeira na provincia de Lugo. Imaxínate o que supón económicamente.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

«O eucalipto segue sendo atractivo para o produtor»