Gospel este xoves no auditorio de Mondoñedo con Aba Taano

E.M. MONDOÑEDO / LA VOZ

A MARIÑA

Presentación onte deste concerto benéfico que terá lugar en Mondoñedo
Presentación onte deste concerto benéfico que terá lugar en Mondoñedo .< / span>

Trátase dun concerto a beneficio de Música para Salvar Vidas, que promove a Anpa da Escola de Música mindoniense

12 abr 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O Goberno local do Concello de Mondoñedo, que preside Elena Candia, colabora coa ANPA da Escola de Música na organización da Noite do Gospel ?Abataano? que terá lugar este vindeiro xoves 14 de abril ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Pascual Veiga.

Para non perdelo. Bo gospel, bo ritmo de raíces afroamericanas, relixioso, no mellor lugar, na cidade apropiada, Mondoñedo. Para desfrutalo este xoves no auditorio. Ademáis trátase dunha nova iniciativa nesta comarca da Mariña con fins solidarios.

Trátase dun concerto a beneficio de Música para Salvar Vidas, un proxecto de axuda a nenos e nenas orfos de Uganda para medrar e aprender a través da música e a danza co fin de atopar un futuro propio no seu país.

Para axudar nesta causa solidaria os organizadores piden un donativo de 8 euros. A recadación irá destinada integramente ao colectivo Música para Salvar Vidas. As entradas poranse á venda unha hora antes do concerto.

A alcaldesa, a popular Elena Candia, anima a todos os mindonienses a colaborar con esta iniciativa que, ademais de ser un acto cultural de interese, ten un fin social e humanitario.

?Entre todos podemos facer que eses nenos e nenas teñan unha esperanza de cara o futuro?, explica.

A rexedora agradece o traballo levado a cabo pola ANPA da Escola de Música coa organización desta iniciativa e destaca a sensibilidade amosada coa súa labor.

O góspel ten, pois, unha cita este xoves na auditorio mindoniense, con «Abataano», voces que xa se deixaron escoitar pola Mariña tempo atrás e que causaron moi boa sensación, a máis que supón unha cita cultural de interés, distinta e atractiva no medio da semana en Mondoñedo, que non é moi habitual, nin en Mondoñedo nin no resto das localidades da comarca.

Abataano é un proxecto moi especial dentro de Música para Salvar Vidas. Eles mesmos o explican así: «La música y la danza tienen un papel fundamental en el proyecto especialmente por sus efectos terapéuticos, como porque son la base de la recaudación del dinero que necesitamos para todo el proyecto. El primer resultado profesional de Música para Salvar Vidas es Aba Taano y están ya girando por todo el mundo.Por otra parte, Af Ndanza, es un grupo de danza contemporánea, mimo, teatro y hacen espectáculos de Black Dance. Van por su tercera gira en Europa y dan clases en Kampala a chicos y chicas del Colegio Internacional».

Música para Salvar Vidas é en realidade un proxecto de vida e de futuro, rescatando da miseria aos xóvenes para integralos no mundo da música, da danza, do teatro, da arte en xeral, de maneira profesional e en xira por todo o mundo de xeito que complementan os fins solidarios cun sentido de vida.

O xoves no auditorio municipal de Mondoñedo.