«Temos potencial para lograr a declaración de interese turístico»

Y.G. XOVE / LA VOZ

A MARIÑA

Chega a décima quinta edición á localidade xovense da cita na que o cefalópodo será o rei da mesa e da barra

24 mar 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe, xoves 24???A partir das 19.00 horas???Locais de hostalería???Hoxe é a XV Festa do Polbo da Pedra en Xove, unha cita gastronómica de altura en plena Semana Santa na Mariña. Participan A Roda, A Fuga, O Refugio, Club Palmeiro, Bar Cociña, Centro Cívico, O Cabaliño, Onde Sempre e Terra Mar. Saíñas aportará a música, animando a cita.

-¿Cantos quilos se prepararán na festa?, ¿serán bastantes?

-Uns 1.500 quilos. ¿Se chegan? ¡Oxalá se acaben!

-Esta será a 15ª edición. ¿Cales son as expectativas, en público e locais participantes?

-Moi boa. Cada vez supéranse as previsións. A participación hostaleira... moi ben. Se involucran cada vez máis, tamén tanto o Concello de Xove como Aciam e Saíñas. E nós, moi contentos. No meu caso, o do bar Cociña, podo dicir que as previsións supéranse e este ano esperamos superalas tamén.

-¿Cal é a especialidade que máis pide a xente?

-Á feira é o máis demandado pero tamén se fai aos catro queixos, con queixo San Simón que foi unha novidade hai anos... Á xente atráelle probar novas especialidades. A presentación do polbo con queixo é unha preciosidade. Hai bastantes formas de preparalo, creo que infinitas. Teño lido moitos libros de cociña e en Internet e máis ou menos sobre 150 pode haber.

-Á calidade da materia prima, ademáis, hai que sacarlle o sombreiro, ¿non?

-O polbo da pedra captúrase en Morás, Portocelo... nesta preciosa costa de Xove. É algo máis delicado que o outro porque é máis brando e máis escuro. A xente xa o recoñece. Se un leva media hora de cocción, este nun cuarto de hora ou vinte minutos está listo, iso si, tes que estar tentando nel.

-Tras 15 anos, ¿que queda por mellorar ou por facer?

-Despois de quince anos de festa teño que dicir que temos potencial para conseguir que se declare de Interese Turístico de Galicia, ou provincial polo menos. Por iso imos intentar preparar o papeleo, indudablemente que si, creo que paga a pena. Ao caer a Festa do Polbo da Pedra en Xoves Santo, co tirón que tén a Semana Santa, sabemos que a xente vén ás procesións a Viveiro pero... antes ou despois haberá que comer. Así que poden achegarse a Xove.