«Como nos levamos ben isto faise moi ameno»

No seu grupo poñen botóns, planchan e cosen

Rosario Pérez está no grupo de costura e preparación dos traxes.
Rosario Pérez está no grupo de costura e preparación dos traxes.

viveiro / LA VOZ

Rosario Pérez (Celeiro, 1969) está no grupo de costura e preparación dos traxes da Cofradía da Misericordia en Viveiro, un traballo que fai sen problema, afirma, compaxinado coa tarefa de tesoureira.

-¿Dende cando segue a Semana Santa?

-Xa foi dende pequeniña. Na casa sempre foron moi devotos, o vivimos alí, polo que sempre queda esa semilla...

-Entón ten unha compoñente tradicional. ¿Pásalla tamén aos seus fillos?

-Aos meus fillos lles inculco o que me ensinaron a min meus pais, pero eles tomarán o camiño que queiran tomar. Sempre fomos ás procesións en Viveiro.

-¿Canto tempo leva nesta confraría?

-Seis anos. O primeiro ano que saiu a procesión do Ecce Homo sabía que se buscaba xente para levar o santo. Anotei ao meu home e ao fillo. Non me impliquei máis pero ao ano seguinte, como teño floristería, fun encargada de adornar o paso do Cristo e empecei a ter máis relación cos da confraría. Ofrecéronme estar nela, incluso na directiva e como xa tiña o gusanillo no corpo, aceptei.

-Aquí a labor en equipo é fundamental.

-Somos un equipo. Todos axudamos un pouco a todo. O noso grupo encárgase da roupa, tamén a dos levadores, a limpeza dos pasos... para ter todo a punto.

-Haberá xa moito traballo adiantado.

-Levamos 40 días traballando, dende o Mércores de Cinza, como temos tamén obradoiro de costura, porque isto na casa non se podería facer. Vén xente desinteresadamente. Case todo o roupeiro o fixemos nós, salvo os primeiros traxes que se pediran a unha fábrica. Cada ano aumenta o número. Sempre hai algo que facer neles, se falta un botón, etc...

-¿Gústalle ese traballo, aínda que canse?

-Fágoo sen problema porque miña nai e miña avoa eran costureiras. Xa me vén de raíz. Somos un grupo de xente que falamos, nos levamos ben, tomamos café, o ambiente é agradable. Faise moi ameno.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

«Como nos levamos ben isto faise moi ameno»