Mondoñedo homenaxea a Araújo

SUSO FERNÁNDEZ, CRONISTA OFICIAL DE FOZ OPINIÓN

A MARIÑA

09 mar 2016 . Actualizado a las 13:10 h.

Ovindeiro sábado, co gallo dos 25 anos do seu pasamento, Mondoñedo vai homenaxear a un dos seus persoeiros mais populares dadas as súas calidades humanas e artísticas. Araújo foi músico (intérprete, compositor, letrista, adaptador de temas musicais?) autor e actor teatral, humorista (son inesquecibles os actos que él protagonizaba con Roberto Michelena, Xosé Manuel Carballo, que poñía en escena ademais a ilusión da súa maxia, e Maruxa Balsa, tantas veces disfrutados en Foz coa presencia na vila da que nós chamábamos embaixada artística: o Coro de Obreiros que dirixía don Uxío, co aditamento do Trío -Inma, Lalo e David- e Os Trovadores de Mondoñedo. Polos anos sesenta a organización de diversos festivais, e outras formas de recadación, lográrase instalar a calefacción no Asilo focense; mercar para o mesmo o primeiro vehículo a motor; cadeiras de rodas para asilados, etc.

Sempre os mindonienses estaban dispostos a colaborar: as súas actuacións enchían o aforo do Cine Pequenete, facendo delas a mellor aportación ós fins perseguidos.

Araújo era home xeneroso, altruista, desprendido: sempre a súa simpatía e humor, as cancións e o acordeón, seu instrumento mais característico, estaban, de forma desinteresada, ó dispor de toda iniciativa solidaria, evidencia da que este cronista foi, durante moitos anos, testemuña.

Por un casual descubrimos unha faceta dél que descoñecíamos: unha tarde en que accedimos ó salón do casino atopamos ó artista sentado ó piano e un grupo de rapaciñas ás que impartía crases de ballet: o noso amigo era, tamén!, mestre de bailaríns de danza clásica? Das cancións escritas e musicadas por él, traemos na memoria, dende hai mais de meio século, o fermoso bolero: «Por qué ha de ser que siempre la nostalgia/ ponga en la despedida un velo de dolor/ Por qué ha de ser si sé que con la ausencia/no queda ya en la vida lugar para el amor?».

Polos anos 50 Araújo e a súa orquestra acadaron a maior popularidade, mercede ás actuacións en Radio Nacional na Coruña, emisora da que era director Enrique Mariñas. No verán do ano 60 estivo en Foz Andrés Piquero, director da banda de música de Ávila que compuxo un himno a Foz. A primeira agrupación musical en interpretalo foi, dous anos depois, a orquestra Royalty, unha noite que amenizaba o baile na Peña da Rapadoira.

Estamos seguros que a homenaxe á memoria do artista, que foi ata o pasamento amigo entrañable do que suscribe, será un éxito; pero moi ó noso pesar, e aínda que os actores participantes no mesmo son todos tamén vellos amigos, faltará á cita; alí estará o seu espírito; estade seguras, Nélida e Raquel, e cantas persoas vos acompañen na lembranza garimosa de Manolo Araújo, personaxe non doado de esquecer.