El Gregorio Sanz, primeiro clasificado no Ecopreguntoiro de Radio Voz

Los alumnos del colegio ribadense demostraron amplios conocimientos

O equipo do CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo, coa mestre e a directora, en Radio Voz Ribadeo.
O equipo do CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo, coa mestre e a directora, en Radio Voz Ribadeo.

RIBADEO / LA VOZ

Dezaseis colexios de toda Galicia competen no Ecopreguntoiro, o concurso estrela do programa ambiental Ecovoz, que se emite todos os venres, de 5 a 6 da tarde, en Radio Voz (88.5 en Viveiro e 102.3 en Viveiro). O colexio Gregorio Sanz de Ribadeo, que gañou a edición de 2014, iniciou o pasado venres o turno de enfrontamentos medíndose ao CEIP Sagrada Familia de Aldán. O equipo de Ribadeo resultou gañador en un duro enfrontamento, pois os integrantes de ámbolos grupos demostraron ter amplos coñecementos. Finalmente, gañou por 8 a 5, converténdose no primeiro equipo que pasa aos cuartos de final. A pregunta Sogama, relacionada coa importancia das tres R, foi a que decidiu o concurso.

Na imaxe podemos ver aos alumnos de Ribadeo, Helena Asensio, Pablo Quirós, Marta Ortiz, Laura Rodríguez e Iker Sama.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

El Gregorio Sanz, primeiro clasificado no Ecopreguntoiro de Radio Voz