
Chega co seu espectáculo familiar «30 anos de maxia e humor» no que os protagonistas son os nenos pero os pais tamén serán activos
13 feb 2016 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe???17.30 horas???Casa da Cultura?? Entrada: 2,50 euros???Luis Boyano (A Cañiza- Pontevedra, 1961) licenciouse en Psicoloxía, especializouse na pedagóxica pero dende 1992 compaxina a súa faceta como mago coa actividade en empresas (foi o introdutor en España da chamada «maxia corporativa»).
-¿Como acabou un licenciado en psicoloxía metido a mago?
-O que a xente non sabe é que o máis importante da maxia é a psicoloxía. Tirábame a maxia, o teatro, o mimo, fun a Madrid a facer a especialidade e empecei a traballar na rúa.
-¿Como lembra eses inicios?
-Marabillosa. Compartía rúa con Faemino y Cansado. Estabamos todos no Retiro. Aparecen as primeiras actuacións de asociacións de veciños... vas medrando, ata chegar a grandes teatros.
-E traballa para empresas.
-Levo 25 anos traballando para grandes empresas. Teñen que facer a súa publidade ante os clientes, o márketing do produto, chámanme cando se celebra unha convención ou fan unha cea de confraternización, de presentador do acto. Outra función que fago moito é a de motivador, team building, á hora de contar a miña experiencia pero levada ao campo das empresas. A ilusión hai que poñela en todo. De cara ao de Burela, aclaro que o que fago no teatro non tén para nada que ver co das empresas.