Dani Caxete: «Éncheme de orgullo poder levar as paisaxes da miña terra a tanta xente»

Mar García Balseiro
MAR G. BALSEIRO VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

Dani Caxete durante unha das súas estancias en Viveiro.
Dani Caxete durante unha das súas estancias en Viveiro. PEPA LOSADA< / span>

O artista viveirense acadou de novo a atención da NASA cunha imaxe da Lúa chea

03 feb 2016 . Actualizado a las 23:18 h.

De neno tocoulle en Naseiro unha Canonmatic, e alí, conta Dani Caxete, comezou a súa paixón polo mundo da imaxe. Co tempo faría da pintura a súa principal profesión que lle permitiu autofinanciar os equipos de fotografar e meterse en novos retos como o de fotografiar un Cosmos que lle vén dando múltiples recoñecementos internacionais.

-Cuarto APOD coa súa firma, a NASA tén bon ollo.

-Sempre é unha ledicia recibir un recoñecemento de APOD. Non deixa de ser o «Santo Grial» dos aficionais e profesionais adicados á astronomía, un punto de referencia para milleiros de persoas apasionadas por estos temas e unha das mellores formas para dar a coñecer o teu traballo a nivel mundial.

-Traballos deste tipo necesitan preparación previa, apoio loxístico, ¿sae do teu propio bolsillo?

-Un traballo coma este Man in the Moon, require dunha gran preparación previa polas continuas variacións do movemiento lunar. Se se quere facer con Lúa chea, só hai unha oportunidade cada mes para cada paisaxe concreta e isto non sempre é posible levalo a cabo polas nubes. A idea surdiu en novembro cando, na compaña dun amigo, atopamos esta localización en Cadalso de los Vidrios (Madrid). Unha cima, Peña Muñana, que me recorda moito ao Monte de San Roque pola súa orientación. O primeiro intento as nubes non deixaron conseguir os resultados desexados. Sería o 23 de xaneiro cando deixei aos pés de Peña Muñana ao meu bo amigo Deicar, e mentras el escalaba co trípode e telescopio eu buscaba o punto onde a Lúa tiña que abarcar toda a cima no momento de saír a 3.170 metros. Fotografías de este tipo non son casuais e requiren dun desembolso para desprazamientos, horas de traballo que cadren coa túa axenda laboral e sobre todo un bo equipo, que no soe ser barato.

- A lúa sobre San Roque nos coles británicos, o banco de Loiba deu a volta ao mundo, ¿como leva este interese mediático e que supón para ti, e para os lugares que fotografías?

-Éncheme de orgullo poder levar o nome e as paisaxes da miña terra a tanta xente, así coma espallar esta afección pola fotografía nocturna, a astronomía e a fermosa natureza da que podemos disfrutar en Galicia e España. Pero por outro lado o ano pasado foi un dos máis duros, tanto profesional coma persoal, vendo coma grandes campañas coma a de Turgalicia ou iniciativas de Concellos, en certo modo se aproveitaron do meu traballo sin tan sequera un triste recoñecemento. Resulta moi frustante estar cheo de ideas que non che dan a opción para levar a cabo, cando por outro lado ves derroches desorbitados de diñeiro público en copias mediocres ou ideas de bombeiro. Por encima destos temas de burocracia e políticas incomprensibles, sempre estará o meu amor por Galicia e o agarimo da súa xente. Seguirei aproveitando as miñas viaxes vacacionais para traballar perdéndome nas súas noites e amosar, por riba de todo, a beleza de cada recuncho onde non necesariamente terá que haber un banco.

-¿En que proxectos traballa?

-Ando á busca de financiación para levar a cabo un proxecto fotográfico e audiovisual que me gustaría desenrolar en Galicia e que me é imposible facer cos medios dos que dispoño. Ainda que sigo buscando, non descarto a posibilidade de facelo noutra comunidade. Por outra banda, estou preparando unha exposición fotográfica máis un pequeno libro que coa inestimable axuda de Gráficas LAR, é posible que vexan a luz o próximo verán. Estou moi agradecido a esta empresa de Viveiro por darme ese apoio desinteresado para poder amosar o meu traballo na miña terra; como xa fixo este Nadal coa publicación dun calendario monográfico, selección das miñas fotos máis representativas.

-¿Cando en Viveiro?

-Non teño moi claro aínda a data, a concelleira de cultura si falou comigo sobre unha exposición aínda sin concretar. O problema a comprometerme cunha exposición de este tipo é que actualmente non dispoño de orzamento para facer as ampliacións ou para o desplazamento das miñas obras; a maioría son encargos (en pintura) espallados por España. Sí teño un proxecto dunhas 12 páxinas con novas ideas para desenrolar no Concello de Viveiro, que podería ser de gran interés tanto cultural, artístico coma para a sua promoción turística, pero que ao parecer cos escasos presupostos e moi probable que non se leve a cabo. Anda que me gostaría levalo acabo en Viveiro, estou aberto a calquer proposta doutro Concello que lle interese.