Alberto Geada elaborou unha zoca que se exhibirá na Cidade da Casa da Cultura de Santiago

A MARIÑA

Alberto Geada con Sarah Li na Escola Mestre Mateo.
Alberto Geada con Sarah Li na Escola Mestre Mateo.

Un grupo da Escola de Arte Mestre Mateo diseñou a peza e encargoulla

31 ene 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O zoqueiro de Alfoz Alberto Geada continúa explorando o proceso creativo. O seu calzado non só viste os pés dos campesiños de Cantabria, Asturias, León e Galicia, senón que ten desfilado nas grandes pasarelas de moda deste país e mesmo se exhibe en Holanda, no mellor museo de zocas do mundo. Agora, acaba de saír das súas mans, dende o centro de creación do castelo do Castro, en Alfoz, un lugar con 1.200 anos de historia, unha nova peza que en poucos meses se exhibirá ao público na Cidade da Cultura de Santiago.

-Cóntenos

-Un grupo de rapaces da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago fixeron o deseño e eu encargueime de transformalo. É unha colaboración con xoves creadores, igual que antes colaborei con Manuel Bolaño. Onte (por antonte) estiven coa profesora e coñecín ao director da Escola; sorprendeunos que Alberto Geada fixera cousas guais.

-¿Rematouna? ¿Como é a zoca?

-A ver, a peza xa está feita, pero non podo dar fotos. Foi entregarse onte (antonte). Leva unha tonalidade de avelá. É unha peza distinta a todo o que levo feito, cunha altura de 18 centímetros na zona da boca, que é moita madeira de Deus....Traballar coa escola, co nome e prestixio que ten, que se interesen por min para creala e que logo vaia estar exposta ó público na Cidade da Cultura....

-¿Dificultade para executala?

-Levoume catro días facela. Sempre te atopas con algunha dificultade. Pero é interesante traballar con xente que ven con mente limpa. Cando fas encargos para unha empresa sempre che esixen un produto con equis características parecidas ás de outro fabricante, pero ó traballar con xente que ven con ideas novas e que ao mesmo tempo che dan facilidade para que ó mesmo tempo que vas executando a peza podas aportar algo (...) Recórdame ó calzado de Oriente (China, Japón), o que usaban para a sauna no imperio otomán.

-¿Como vai a nova etapa en Alfoz? ¿Foilles ben en Fitur?

-En Fitur fixemos un grandísimo traballo. Eu sabía que hai que chamar a atención para que se fixen en ti (...) Pola tarde transformeime, quero explorar o tema castrexo e me puxen o torques que me preparara o irmán de Vizoso e andiven sacando fotos por tódolos stands. E Pardiñas se explicou como si fóramos un concello turístico 100%. Non paramos, Creo que co museo das zocas, co centro de creación que vai no castelo, Alfoz e o conxunto do Valadouro vai ser un punto estratéxico no turismo cultural.