Manuel Rivas Otero, de Gondrás, Cervo, cumpriu 100 anos

S. C. CERVO / LA VOZ

A MARIÑA

O alcalde, Alfonso Villares, e a concelleira Pilar Armada, agasallaron a Manuel Rivas Otero no concello.
O alcalde, Alfonso Villares, e a concelleira Pilar Armada, agasallaron a Manuel Rivas Otero no concello.

Traballou de mariñeiro nos verán e na labranza os invernos

16 ene 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O veciño de Gondrás, no Concello de Cervo, Manuel Rivas Otero, que cumpriu 100 anos de idade o día 11 deste mes, foi homenaxeado na Casa do Concello de Cervo cunha recepción na que participaron o alcalde, Alfonso Villares Bermúdez, e a concelleira de Servizos Sociais, Pilar Armada Carrete, que agasallaron ao novo centenario do concello.

Manuel Rivas Otero, que estivo acompañado no acto por varios familiares, traballou de mariñeiro durante os veráns e de inverno facíao na labranza, segundo conta. Ten dúas fillas e un fillo, cinco netos e catro bisnetos, un deles con xa 35 anos de idade. Os nosos parabéns dende La Voz de Galicia a Manuel R. Otero.